Agochando o cursor do rato

Seica é case unha parvada pero podes engadilo ao tuneo que lle vas facendo á túa contorna aos poucos. Neste caso trátase de agochar o punteiro do rato (cursor) tras uns intres de inactividade. Loxicamente, o cursor xorde novamente ao máis mínimo movemento do rato.

Nunha Ubuntu, por exemplo, sería cousa de instalares o unclutter:

sudo aptitude install unclutter

Tras isto xa pode executalo:

unclutter -display :0.0 -idle 5 &

onde 5 son os segundos que trancorren ata que o cursor do rato.

Se que gustou a sensación, podes engadilo ás túas sesións indo a  Sistema/Preferencias/Sesións. Na lingüeta "Programas de Inicio" dalle a engadir, e pos o comando darriba no recadro "Comando" pois os outros dous refírense ao título e mailo comentario.

Visto en VOL apuntando á fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

A arte da migración, perdón, “evolución”

Trátase de 10 consellos cun chisco de humor sobre a arte da migración a SwL:

  1. GNU/Linux é bo, Window$ é malo! A miña distro é a mellor, as outras apestan!
  2. TES que usalo!
  3. Sexa cruel!
  4. Convenza á dirección
  5. Estandarice todo
  6. Faga  aos poucos, mais faga
  7. Non faga concesións
  8. Non se avergoñe do WINE
  9. Migrou? Prepare os calmantes
  10. Chantaxe emocional

En pt-br eses puntos son:

  1. Linux é bom; Windows é ruim! Minha distribuição é a melhor; as outras fedem!
  2. Você TEM que usar!
  3. Seja cruel!
  4. Convença o seu chefe.
  5. Padronize tudo.
  6. Faça aos poucos, mas faça.
  7. Não abra concessões.
  8. Não tenha vergonha do WINE
  9. Migrou? Prepare os calmantes.
  10. Chantagem emocional

Deixo a ligazón a un ameno e até simpático artigo, así como a fonte.

Deixo unha ligazón a unha presentación titulada Directrices Evolutivas que usei nalgúns relatorios sobre esta temática.

asennadas

Chuzame! chuzame -

FSF traballa con fornecedor para ofertar PCs libres

Atopar hardware que non requira controladores (drivers) privativos nin firmware e traballe con GNU/Linux adoita ser unha tarefa case que imposible. Para solventar este atranco a FSF (Free Software Foundation) está a desenvolver a súa propia listaxe de hardware e ademais está atraballar co fornecedor LAC (Los Alamos Computers) para ofertar computadoras libres e con GNU/Linux preinstalado.

Máis na fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Bioloid Control: Robótica virtual em Linux

pq-cabelo-to-tux.pngO amigo Alessandro Faria (Cabelo) deixa un novo artigo para AGNIX:

 Como muitas pessoas, acredito que em breve os robôs estarão presentes em nossas vidas como os computadores nos dias atuais. O projeto Bioloid Control disponibiliza um robô virtual permitindo ao usuário estudar alguns conceitos de robótica simulando o Bioloid Comprehensive Kit.

O artigo completo en VOL.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Go-oo, OpenOffice.org non é realmente aberta

A nova apareceu en outubro de 2007 a raíz dun problema que empezara hai uns anos co Calc Solver, un módulo de optimización de OpenCalc, escrito por Kohei Yoshida baixo licenza LGPL. Yoshida negouse a cambiar a licenza segundo o desexo e requerimento común de Sun Microsystems para quen desenvolva OOo. Noutras verbas, Sun prefire reescribilo a aceptar a licenza LGPL para daquela seguir mantendo o control sobre o desenvolvemento e autoría de OOo perservando así  os seus valores comerciais.

As razóns para o comportamento de Sun son obvias. Entre elas, conservar o dereito de autor (copyright) sobre todo o código de OOo permítelle ofrecer versións abertas (OOo), versións propias (StarOffice) e até vender o  desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da IBM).

Velaí que xurde Michael Meeks de Novell (tamén desenvolvedor de OOo e GNOME) decidindo lanzar un atrevido fork de OpenOffice.org, nomeadamente Go-oo.org. Segundo reza o slogan, Go-oo pretende ser "Mellor, máis rápida e máis libre" . O proxecto está a medrar paseniño mais firme pois até dispón melloras significativas e diferenciadas.

Meeks vén de ofrecer unha entrevista durante a sú aparticipación na GUADEC de Estambul da que tiven coñecemento por esta nova.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Capacitación de empresas TIC no eido do SwL

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún -promovido pola Consellaría de Innovación e Industria-, vén de concluír a experiencia piloto para a capacitación de empresas TIC no eido do Software Libre cunha valoración moi positiva por parte dos asistentes. O curso foi organizado co fin de establecer unha experiencia previa que permitise coñecer as necesidades reais do tecido empresarial galego en materia de formación en Software Libre ou, o que é o mesmo, coñecer o seu grao de competencias de cara á implantación e ao soporte de servizos en Software Libre.

A iniciativa piloto, enmarcada dentro do denominado “Plano de Capacitación TIC en Software Libre”, concibiuse como un complemento ao “DVD - Ferramentas informáticas para a PEME”, lanzado en novembro de 2007, e coa mesma se xerará documentación pertinente para calquera empresa galega que desexe implantar as tecnoloxías de código aberto no seu negocio.

20080523_tegnix_fondo-azul_redondeado_346x105.pngEste curso foi impartido por C.T.I. TEGNIX, concretamente por min a primeira parte e por Pedro Silva a segunda.

Máis información en Mancomun.org.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Sindicación a ‘asennadas’ agora é vía FeedBurner

Decidín probar a trocar o meu xestor de sementes a FeedBurner polo que se agora queres estar sindicad@ ao meu blog tes que subscribirte a esta ligazón.Se non sabes de que estou a falar pode interesarche ler esta páxina da Wikipedia (en castelán).

A decisión veu motivada por mor dos múltiples inconvintes que tiña o antigo pois non exportaba imaxes, formatos, caracteres especiais, etc. Agora, sexa o lector de sementes que empregues (Google Reader, extensións de Firefox,  Liferea, etc) acho que a  lectura será moito máis agradable.

Desculpade que fora sen previo aviso :-)

agnix_sen_trazo_309x54.pngÉ posible que durante un tempo a páxina de AGNIX reséntase por esta causa pois ela está sindicada parcialmente ao meu blog. No momento de escribir esta entrada estaba a ver dobres entradas, unha formatada e outra non, xa que logo recolleu á anterior semente e agora a nova.

asennadas

Chuzame! chuzame -

O futuro para redes sociais é OpenID

Pois iso cho explica Andrés Milleiro nesta páxina:

O futuro é, e debe ser OpenID. Para aquelas persoas ás que lle soe a chinés o termo pode botar unha ollada á súa definición na Wikipedia, mais básicamente ven a ser un sistema de identificación dixital descentralizado.

Maxina por un intre tódolos servizos web que utilizas: o correo electrónico, tal ou cal foro, twitter, etc… Pensa por un intre en tódalas combinacións de usuario:contrasinal que usas, e pensa por un intre que cunha soa poderías entrar a todas. ¿Moito máis cómodo, nonsi? Pois iso ven a ser, a grandes rasgos OpenID.

(...)

asennadas

Chuzame! chuzame -

Contido do Máster de Sw Libre da UOC en 39 MB

UOC OpenCourseWare é un sitio web a través do cal a Universitat Oberta de Catalunya ofrece os seus materiais docentes á comunidade.

Se queres dispor do contido do seu Máster de Sw Libre podes ir a esta páxina para descargar a parte que che interese ou ben todo xunto nesta ligazón.

Os materiais están en castelán baixo esta licenza Creative Commons (Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 Unported).

Souben disto por estas fontes: unha, dúas e tres.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Internet é unha oportunidade para o Galego

A dinamizadora Soraya Suárez vén de publicar un artigo que escribín para o Diario de Carballo:

Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vías (correos electrónicos, mensaxería, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs...) que dan como resultado unha contorna que facilita a colaboración masiva entre iguais. E, como en calquera revolución que a Historia presenciou, a orde establecida está a mudar substancialmente á vez que esta tecnoloxía penetra, obrigando a adaptarse a case que calquera, tanto persoas como organizacións. A colaboración está acadando graos insospeitados, xa non só polo cantidade senón porque maioritariamente é de tipo voluntario. Sermos conscientes disto axudaranos a situarnos na punta de lanza da sociedade do futuro.

Os exemplos de iniciativas que souberon aproveitar esta nova situación igualitaria e colaborativa son moitos e diversos. Linux e o Software Libre coas licenzas que dan permisos para copiar, modificar e distribuir con tal de manter inalternadas esas liberdades a favor da sociedade xeral, están perfectamente adaptados á contorna colaborativa e de traballo en rede propiciada por Internet. As tecnoloxías libres son abertas, enriquecedoras, colaborativas, construtivas e aínda poderíamos incluir varios adxectivos máis. A Wikipedia, enciclipedia descentralizada, aberta á participación comunitaria, estanos amosando o rico e doado que é a compartir coñecemento. Con certeza, Linux, Software Libre, Wikipedia e tantos máis están medrando con Internet e servindo de exemplo de éxito, demostrando que a colaboración masiva existe, é posible e rendible para a comunidade.

Como podemos aproveitar esta oportunidade para favorecer á nosa lingua? Ben sabemos que o galego leva sufrindo o trato minorizado durante séculos namentres a súa evolución natural l, o portugués, acadou auxe alén dos mares estendéndose entre millóns de persoas. Agora, grazas a Internet, a nosa relación coa "comunidade" amplíase. Podemos irmanarnos coa lusofonía comunicándonos en galego así como abrir novas canles coa nosa familia emigrante. Alentar o seu uso en todos os frentes onde a rede estea ao noso alcance pode e debe provocar un efecto incentivador que retroalimente o desexeo a "falar e escribir en galego". Como integrantes da comunidade internauta debemos ter presente que está nas nosas mans colaborar e actuar a prol de incentivar á nosa lingua, como cultura propia, como parte da nosa personalidade.

© Roberto Brenlla - 24 de xullo de 2008

Licenza Creative Commons Recoñecemento 3.02

1 O galego e o portugués considerábase a mesma lingua ata a Idade Media cando o reparto de reinos comezounas a separar.

2 http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/deed.gl

Chuzame! chuzame -

Estudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS

estudo_oreilly.gifVisto en Barrapunto e traducido ao galego a partir de Comunidad Linux:

 De acordo a unha nova e custosa investigación de O'Reilly existen polo menos 6 razóns para o rápido crecemento do software de código aberto ou open source. Axilidade e escalabilidade, independencia de fabricante, calidade e seguridade, custo e innovación. Sen importar cal destas sexa a máis forte as descargas desde Sourceforge.com continúan medrando.

Nunha área en particular o software de código libre brilla e é a habilidade de escaparse de quedar atrapado cun fabricante de software. Segundo o estudo:

"Debido a que os fabricantes de software practicamente non teñen medo de ser substituídos, atópanse na posición de cobrar altos cargos de mantemento e actualizacións. Por exemplo Oracle acaba de anunciar un aumento dun 20% no custo do seu software de base de datos (acompañado tamén dun crecemento do mantemento do mesmo) completamente seguros de que moi poucas empresas atópanse na posición de resistir este aumento debido á dificultade de substituír os seus produtos"

Sen importar o prezo asociado a relacionarse con Oracle, Microsoft, SAP, IBM, HP, etc. algúns compradores corporativos comezan a reflectir o custoso que sería desfacerse destas relacións. Tecnoloxías como SaaS que poderían ser moi boas para os clientes poden ser facilmente evitadas por fabricantes que son donos dos seus clientes.

Esta situación incita a Sun, Red Hat e a outros vendedores open source a prover aínda máis solucións abertas. Os clientes non deberían ter que elixir o menor custe entre dous vendedores. Deberían gañar opcións cando compran software, e non perdelas.

O estudo de O'Reilly e a nova orixinal en inglés.

Nota: FLOSS equivale a Free/Libre/Open Source Software

asennadas

Chuzame! chuzame -

Ulteo anuncia versión instalable parella á de en liña

Sabíase da versión Ulteo Online Desktop, unha versión de sistema operativo GNU/Linux que se executa en internet ao que accedes vía navegador. Agora, parella a esa versión anúnicase Ulteo Application System, instalable en disco duro e baseada na Kubuntu. Inclúe unha morea de aplicacións e funcionalidades tales comoo autenticación global, actualizacións transparentes por rede e varias máis, sempre co foco na usabilidade.

Podes descargar este e os demais desenvolvementos de Ulteo nesta páxina. Entre estes tamén está o Ulteo Virtual Desktop para quen use M$. Cos tres produtos Ulteo pecha o círculo do seu slogan "My Digital Life made simple".

Só para lembrar ou situar a quen se acheguera hai pouco ao SwL paga a pena dicir que o fundador de Ulteo é o francés  Gaël Duval, o mesmo que fundara no seu dia (1998) Mandrake Linux logo derivada a MandrakeSoft e que no 2005 mercou á empresa brasileira Conectiva, pasándose daquela a chamarse o conxunto Mandriva. A pesares de tanto éxito, Duval foi demitido polo director xeral da nova Mandriva...

asennadas

Chuzame! chuzame -

Que significa Ubuntu?

Só para quen aínda non o soubese...

ubuntu-significado.jpg

asennadas

Chuzame! chuzame -

MindTouch Deki, solución colaborativa libre e plataforma de integración

MindTouch Deki é unha solución colaborativa con licenzas libres e unha plataforma de integración. O seu obxectivo encamíñase á compartir información polo método wiki ("rápido" en hawaiano).

MindTouch Deki oferta multiples solucións que fan do conxunto unha plataforma integradora que evita perdas de tempo e mellora a produtividade usando tecnoloxías incluidas na chamada Web 2.0. Todas as solucións de que está composta están protexidas con licenzas libres (GPL, LGPL, AfferoGPL...).

No canto colaborativo, MindTouch Deki inclúe un editor WYSIWYG, ferramentas para compartires páxinas, multimedia, adxuntar arquivos, galería de imaxes con slideshow (presentación de imaxes), motor de procuras, seguimento histórico de contidos, monitorización de cambios, organizador xerárquico e cronolóxico, inclusión de etiquetas (tags) con datas (chronotags) e soporte de categorías, inclusión de comentarios así como ferramenta de discusión (talk page) para discusións en directo... e, sobre todo, con unha gran facilidade de uso. A todo ilo engádense a posibilidade de introducir widgets de diversas procedencias e reutilización da información por feeds, así como unha flexible política de permisos e autenticación (LDAP, Active Directory, Wordpress, Drupal, Joomla alén das súas propias e internas).

Realmente o comentado enriba só é un mínimo avance de todas as súas funcionalidades. Faltarían por comentar as ferramentas de escritorio,  as mashups (aplicacións web híbridas), solucións para a seguridade e un longo etc. De todas as súas funcionalidades tes este resume xunto a videos ilustrativos.

Páxinas do MindTouch Developer Center e de SourceForge.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Debian anuncia novidades na Lenny e no instalador

Dentro das Novas do Proxecto Debian do 21 de xullo 2008 destacan:

  • Actualizacións no proceso da versión "Lenny"

Luk Claes enviou unha actualización concernente á vindeira versión estable Debian 5.0 "Lenny". Unha parte importante parte é que a transición de paquetes desde unstable a testing será conxelada para concentrarse na depuración de erros. Asemade, Ana Guerrero comenta a situación dos paquetes KDE4.

  • O instalador de Debian soportará a carga de firmwares externos

Joey Hess comenta que o futuro intalador terá carga de firmwares baixo demanda. Xa que logo algúns controladores (drivers) necesitan cargar certos anacos antes de que o dispositivo poida operar con eses firmwares que non concordan coa Guía de Sw Libre de Debian,  algúns dispositivos só poderían estar operativos tras ser Debian instalada satisfactoriamente e o acceso a internet ter sido configurado coa sección 'non-free' activada. Isto fallará se o controlador da rede de seu se necesita para que o firmware opere.

Coa nova funcionalidade é posible baixar os arquivos de firmware nun medio separado, como por exemplo un lapis USB. Así, o instalador de Debian automaticamente cargará os arquivos que precisa. Joey tamén subliña que o equipo Debian-CD está construindo paquetes de arquivos comprimidos que conteñen todo o firmware que Debian leva en 'non-free'.

Outras novidades de Debian nesta entrada.

asennadas

Chuzame! chuzame -