I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento

Xentes, xa estou de volta na Coruña!

Por mor do evento en si, os compromisos e maila viaxe de volta non puiden escribir nada e menos conectarme a internet.

Polo de agora deixo un video feito desde o asento traseiro do coche de Mauro amosando a viaxe de retorno ao hotel desde un restaurante que 'factura por peso'.

Deixo tamén un video que require unha outra entrada no blog porque ao final pasamos un gran susto que marcaría o resto da miña estadía na Angola.

 

Corinto Meffe ten a súa propia opinión, non exactamente compartida por min. Por exemplo, non concordo con el cando di que "Mauro foi obrigado a sair do carro a discutir..." porque Mauro saiu voluntariamente do seu carro.  Ou tamén cando sinala que " Em função do susto do Roberto ficamos com pouca mobilidade pela cidade e passamos boa parte do tempo no quarto do hotel". Acho que só eu, teimosamente certo, quixen ficar no hotel mas iso non supuxo ningunha obriga a ninguén a seguir a mesma actitude.

Chuzame! chúzame -

4 Responses to “I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento”

  1. Wellcome meu!!!!!!!

    por certo é sorprendente a cantidade de todoterreos de alta gama de aparecen nas imaxes, ruas esnaquizadas, aceras que non existen…

  2. Exactamente rúas esnaquizadas, pragadas de baches, socavóns… O ambiente está cheio de ‘poeira’ e xunto ás persoas com pobreza evidente e coches destartalados… hai, efectivamantre, unha morea de coches 4×4 de alta gama. Por exemplo, un deses que aquí custaría 30.000 euros (~40.000 dólares), alí telos por $20.000 pois non pagan IVE e outros impostos iniciais. Ademais o litro de gasóleo está por 0,25 euros e gasolina por 0,40 euros…
    Case que todo o demais é moito máis caro: comida, hotel…

  3. Roberto, para tranquilizarte contareiche que a Angola semella moito máis civilizada que a República Democrática do Congo onde eu estiven. ¡Pero si non se ven máis que carros e máis carros polas estradas! Ainda e todo, non é ningunha sorpresa que non saíras do hotel despois do susto. Compréndoche perfectamente por

  4. …porque a sensación de ausencia de seguranza é total. Se non confías no que che leva de aquí para alá ao 100% rematas por querer ficar no hotel tranquilo e seguro.

Leave a Reply