Europa leva o modelo galego de Mancomún ao seu portal de SwL
A nova non é tan nova mas paga a pena subliñar a importancia que este feito ten, aínda que só sexa para encher o noso orgullo, moitas veces tan maltratado por nós mesmos:
(...)
O Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR), presentado recentemente polo IDABC en Bruxelas, reproduce miméticamente a estrutura de Mancomún, como un modelo de éxito aplicado en Galiza dende fai máis de dous anos. Esta estrutura baséase nun portal que permite a todas as institucións, organismos e persoas, a título individual, compartir o Software Libre que producen, así como intercambiar recursos e coñecementos na materia a través de servizos de observación tecnolóxica e colaborativos. A Forxa de Mancomún é unha das forxas asociadas á plataforma europea dende o seu inicio.
Segundo explica o coordinador de Mancomún, Xesús Manuel Benítez Baleato, “o feito de que o modelo escollido finalmente pola Comisión Europea para poñer en marcha o OSOR reflexe tan claramente a estrutura proposta dende Galiza a través de Mancomún demostra o acerto da estratexia de promoción do Software Libre seguida pola Consellaría de Innovación e Industria, buscando fortalecer un tecido TIC endóxeno capaz de fornecer a necesaria independencia tecnolóxica que permita abastecer tecnoloxicamente aos distintos sectores produtivos do noso país”.
Sigue lendo no Xornal.
chúzame -
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Leave a Reply