Dispoñible Ubuntu 8.04.1 LTS
Na lista de anuncios de Ubuntu dan o comunicado de que está dispoñible a versión 8.04.1 LTS con correccións de erros e actualizacións de software. En definitiva trátase dunha acturalización de mantemento.
Podes obter a nova versión desde esta páxina onde, tras elexires o país onde descargala, comprobas que a versión xa é a actualizada.
Asemade veñen de anunciar que tamén está dispoñible a versión Alpha 2 da vindeira 8.10 Intrepid.
chúzame -
pero podese obter igual esas correccións actualizando o sw non si…
Si, si, igual. Esta nova versión é para aquelas persoas que hanno instalar desde cero e aforrar unha morea de MB de actualizacións. Se ti xa a tes instalada e feitas as actualización, terás o mesmo resultado final
ah ok! e que ‘estaba confundio’
ao ver a nova así.
Grazas!