Evitar pór contrasinal para conectares por Wi-Fi en Ubuntu
Cada vez que entraba no meu escritorio Ubuntu e tiña a disposición algunha conexión inarámica (Wi-Fi) tiña que desbloquear o anel de contrasinais unha e outra vez. Canso desta situación púxenme a procurar nos foros de Ubuntu e así atopei a solución aínda que logo non me rulou como desexaba.
Mantendo a aplicación Network Manger sería:
Eu xa o tiña instalado pero se cadra ti o precisas, daquela abre un terminal e instala 'libpam-gnome-keyring' executando:
sudo apt-get install libpam-gnome-keyring
Modifica o arquivo de entrada (login) do GDM (Gnome Desktop Manager):
sudo gedit /etc/pam.d/gdm
que abrirá o arquivo co editor Gedit. Engade esta liña ao final dese arquivo:
@include common-pamkeyring
Este método só funciona se o teu contrasinal do anel de claves (keyring) é o mesmo có teu contrasinal de entrada (login). Se non o tiveras igual, podes facelo borrando ese keyring. Executa:
killall gnome-keyring-daemonrm $HOME/.gnome2/keyrings/default.keyring
Agora reinicia e conéctate ao teu Wi-Fi poñendo o mesmo contrasinal de entrada para o anel. Nas seguintes veces xa non terás que pór contrasinais. Para máis información le o fío completo.
Se os teus problemas persisten proba lendo a páxina de NetworkManager en Ubuntu ou até subsituíndo nm-applet por Wicd (pantallas).
Finalmente, a Wicd semella ser a solución que máis me agrada (ao instalala desinstalas network-manager...). É máis complexa pero tamén máis personalizable e, a fin de contas, máis eficaz para min.
chuzame -
En: AGNIX, FLOSS, Seguridade por Roberto Brenlla
Bo apunte, grazas eino de probar para ampliar coñecementos.
Por outra banda, hai que recoñecer que isto non esta a altura de calquera,… exemplo, a miña muller manexa un portátil, entra na rede wi-fi da casa, na wi-fi da súa facultade, na do concello, cafeterias…etc… non lle interesa nada máis que a funcionalidade do sistema, que sexa rapido, e sobre todo intuitivo e nisto calquera GNU/Linux ainda lle falta camiño por recorrer.
Hai que pensar que hai xente que só quere que as cousas funcionen, sen complicacións nin saber que é un kernel, unha libreria…
Non non usa productos de Redmond, máis ben de Cupernico.
Realmente a o Network Manager rula ben, só que eu quixen rizar o rizo por mor de ter metido a pata nalgures… e finalmente, instalando o Wicd síntome máis confortable, alomenos de momento.
E si, hai cousas a mellorar.