FedoMATIX, o Automatix para Fedora
Lembras do Automatix para Ubuntu? Tratábase (en pasado xa que o proxecto morreu) dunha aplicación para instalar software que non estaba dispoñible cos repositorios orixinais das distintas versións da (K)Ubuntu, case que sempre ausente por motivos de licenzas ou patentes.
Veño de enterarme por esta nova que os que usen Fedora agora teñen unha solución semellante nomeada FedoMATIX, un proxecto aloxado en Google Code.
Tal como explican neste blog, FedoMATIX é un guión para instalares máis de 60 aplicacións na actual Fedora 9.
chúzame -
En: AGNIX por Roberto Brenlla
Leave a Reply