SwL aínda a piques de acadar o 1% do mercado
Nalgo que moita xente estará de acordo é que as enquisas adoitan ofrecer resultados que non sempre levan a conclusións fieis, alomenos en termos de concordancia cuantitativa coa realidade. Porén as enquisas si ofrecen estimacións aproximadas.
O caso que agora comento pode ser un deles. A fonte apunta cara unha entrada do blog de Adrian Kingsley-Hughes titulada "Linux - Still chasing that elusive 1% market share" ou "Linux - Aínda perseguindo ese 1% de cota de mercado difícil de conquerir". Esa entrada serve para volver atopar un autor como moitos, neste caso é Adrian, que siguen ofuscados no debate de si 'Linux' é doado, máis doado ou difícil.
Sinceramente, sen entrar se realmente o SwL posúe ou non ese 1% (teño argumentos para defender que é bastante máis dun ridículo 1%) , creo que é necesario un revulsivo contundente a súa prol que confirme tanta demostración de calidade, tantas vantaxes fronte aos mínimos inconvintes, tantos esforzos da comunidade para facer medrar, dunha vez xa, o seu uso na sociedade.
Adrian erra ao centrar o seu estudo unicamente en Linux sen analizar os datos ofrecidos nos resultados da enquisa orixinal ofrecida por Market Share, que abrangue o período de xuño 2006 a xuño 2008. Se cadra abondaría comparar as cifras de MacIntel (alén da columna Mac OS) e Linux para ese período. Ambas ofertas copaban practicamente a mesma porcentaxe:0,49% e 0,44% respectivamente. Dous anos despois as cifras transfórmanse en 5,25% e 0,80%. Vese que 'Linux' practicamente duplica a súa penetración no mercado namentres MacIntel multiplicou máis ca por 10 a súa presenza. Como é posible isto? A resposta pode estar de novo na mesma enquisa. Para ese mesmo período M$ Vista partía do 0,00% e agora ten máis do 16%.
Non só "se sabe" que Vista non cubre coas expectativas nel depositadas, nin pola empresa propietaria nin pola súa comunidade usuaria. Se porén medrou tanto é pola vía de entrada que aínda non foi atacada con decisión nin polo mercado nin polas autoridades políticas. É o caso da venda minorista. Mac si está a ampliar a súa penetración grazas a medrar a súa oferta minorista. Iniciativas de mercado como Dell, Eee PC ou a galega Imavisions non abondan para pór un chisco de sentido común a tanta fuga de capitais e tanta venda masiva de sistemas operativos con portas traseiras abertas a un único goberno foráneo. Iniciativas políticas específicas neste eido simplemente non existen.
Algunha inicitaiva da Unión Europea referida a que a venda de equipos informáticos se fagan sen sistema operativo preinstalado ten que ser posta en práctica de inmediato como así o insta o Globalisation Institute. E debe ser feita e seguida con absoluta rigurosidade, con amparo legal en todos e cada un dos puntos onde se poida facer (defensa da privacidade fronte a portas traseiras, o fomento tecnolóxico endóxeno, o fomento de estándares abertos, etc) e doutras moitas medidas posibles que amparen o interese común frente aos de empresas foráneas.
O SwL non só é parte do mercado e das súas leis, tamén é unha obriga dos gobernos de promulgaren leis para defendelo.
chúzame -
Haber unha pregunta sobre o modelo do sw libre::
acabo de leer esta nova en mancomun -http://www.mancomun.org/novas/outras-novas/software-para-xestion-de-proxectos-con-subversion-integ.html
e pareceme certamente interesante o seu contido, pero mentes a leia pasaronme pola cabeza varias preguntas…
1-Haberá desenrolado algo parecido en outra parte do mundo que non se coñece, de ser así isto sería traballo duplicado.
2-Cantas persoan van coñecer isto, para non replicalo?? e decir, como se extendera a existencia de esta mellora?? no contorno de M$ esa propagación ao ser vertical é moi sinxela dado que as bases sempre estan a ollar o que aportan os niveis superiores, e como os productos son limitados e ben definidos pois a expansión do coñecemento de unha nova mellora ou ferramenta e cuestión de moi pouco tempo.
No mundo ‘libre’ non existe tal verticalidade, polo tanto a difusión debe ser máis forte para chegar a mesma xente.
3- Ate que punto unha empresa de desenrolo pode implantar isto na súa producción de sw?? digo isto por cuestión de mantemento, (sí xa sei, que por ser open source e o termos ó código podemos mantelo, e ou melloralo nós mesmos pero non sempre é así dado que non todas as empresas non teñen a capacidade de facer tal cousa)
Como ves sigo no proceso de adquisición de coñecementos a prol de entender un sistema/modelo de sw/negocio que ainda sinto un pouco lonxano, pero o proceso será irrevocable?… xa veremos.
Respondendo…
1-Haberá desenrolado algo parecido en outra parte do mundo que non se coñece, de ser así isto sería traballo duplicado.
R- Si, claro, pode haber outro proxecto parecido ou até cos mesmos obxectivos. Estaríase duplicando e, baixo varios puntos de vista, estragando recursos de desenvolvemento pero… así é a sociedade! Non todas as persoas montan empresas ‘distintas’ e singulares, hainas que se conforman co repetir modelos moi estendidos. Hai moitas perruquerías, bares, ferreterías… e case sempre, como dicía, sen aportar nada de novo e menos aínda para a evolución da humanidade. Pero a humanidade avanza igualmente. O SwL é, en moito0s aspectos, máis semellante á humanidade cá unha empresa
2.- … verticalidade…
R- Certo a difusión é máis social, non empresarial. Daí que ás veces (ou até case sempre) esa difusión non sexa tan rápida como nas contornas privativas. Porén, aínda que se saiba da existencia dun proxecto case-que-igual, nada impide, como dixen enriba, que algún proxecto naza para replicar-mellorar-personalizar algo xa feito. Curiosamente, estamos a comprobar que, a igual que acontece co sw privativo, a concentración de solucións estase producindo tamén en SwL. Refírome a que case que todo o mundo usa Firefox (existindo moitas alternativas libres), OOo, etc. É un dato curioso que me chama a atención.
3.- Implantar para desenvolver…
R- Se te refires a implantalo para desenvolver SwL, non lle vexo problema algún dado que precisamente é unha personalización-extensión para proxectos libres. Aínda así a empresa debería facer antes unha boa análise de alternativas antes de decantarse por unha ou outra solución. Ademais, ao usar SVN, o proxecto pode ser exportado sen moitas dificultades a outra plataforma SVN.
Se fora para desenvolver Sw Privativo… pode que lle vaia ben e igualmente debería facer esa análise previa toda vez que probablemente atope algunha outra máis axeitada ao seu modelo de negocio, bastante diferente do libre.
Sobre todo esta resposta á cuestión 3ª é moi persoal dado que eu non desenvolvo, ollo.
Saúdos,
Roberto