O regreso de WindowMaker

Vinno anunciado en varias páxinas mais agora, tras atopalo de novo aquí, comprobo que o xestor de fiestras WindowMaker regresa á ampla oferta deles en SwL.

WindowMaker é un dos descendentes do NExtSTEP, xestor de fiestras desenvolvido por NExt, na época de Steve Jobs. A súa vez NExtSTEP deu orixe ao xestor de Mac OS X, o Aqua e tamén a cousas como o OpenStep, AfterStep, GNUStep e ao propio xestor de fiestras WindowMaker. Fonte.

Para min é unha ledicia relembrar tempos nos que o empregaba a cotío, e aínda está instalado nun P-II 350 MHz. Desexo que o proxecto renaza con forza e se integre ben cos máis pesados e coñecidos Gnome e KDE.

Aproveito para relembrar tamén un artigo referido a este tema que fixen hai un tempo (2005) sobre a Historia das GUIs.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Leave a Reply