60.000 euros (mínimo) a quen me usurpou a identidade

Aconteceu no ano 2006, en xaneiro. Un cara usurpou a miña identidade dando de alta o meu nome e apelido en Yahoo. Por ese feito probablemente podería ser penado con 60.000 euros. Eis un exemplo.

Colegas varios conseguiron saber a IP, hora e lugar onde fora dado de alta ese enderezo polo usurpador, daquela era só querer denunciar para chegar a un final semellante. Loxicamente, alén dos cartos o cara tería que dar a cara en público.

Pero posiblemente a cousa non remataría nuns sinples 60.000 euros e a vergoña pública. Pois é. O cara ademais usou ese mail para berrar mentiras, como así quedou demostrado ao instante con documentos notariais e con feitos ao paso do tempo. Amais o cara tamén involucrou a outras xentes, tamén inocentes, soltando todo iso en público nunha lista de correos, nomeadamente a dos GUGLs.

Que sorte tes cara, pois aforras cartos, vergoña pública e, se cadra, até o cárcere! Nen todos somos coma ti e non vai ser neste blog onde delate a túa identidade. Así que, cara, sigue disfrutando do teu ilusorio anonimato ;-)

Chuzame! chúzame -

3 Responses to “60.000 euros (mínimo) a quen me usurpou a identidade”

  1. Iso é estilo. O do cara nen nome ten.

  2. Como qué? o do ‘cara’ sí que ten nome, ben máis que nome moitos adxetivos despectivos, c..brón, falso, mala persona, sucio(estilo pocholo), cobarde, jetas, cacique, chupatintas, lousas, fato, ladrón,… e así ate o infinto…

    A verdade Sr.Brenlla que vostede esta a mostrar un bo talante, se fose eu o agredido dende logo que xa estabamos no xuzgado fai tempo, non polos cartos se non polo gusto de ver como o individuo morde a merda que él mesmo esparciu.

  3. Non te preocupes Sir Brenlla, como dicimos en ourense, “a cada porco chegalle o seu St Martiño”.
    Eu e o meu grupo estamos/estaremos contigo e todo o que representa a denuncia de inxustizas.

Leave a Reply