5 razóns para non mercar o iPhone 3G
iPhone bloquea completamente ao software libre. Quen desenvolva debe pagar unha taxa a Apple que é a única autoridade que determina que é o que pode conter o teléfono.- iPhone contén e soporta DRM (Digital Restrictions Management, Xestión de Dereitos Autoriais).
- iPhone expón o teu paradoiro fornecendo métodos para que outros poidan seguir o teu rastro sen que ti o saibas.
- iPhone non executa formatos libres de patentes e DRM como Ogg Vorbis e Theora.
iPhone non é a única opción. Tes mellores alternativas para a túa liberdade sen seres espiado e que ademais executa formatos multimedia libres, como o FreeRunner de Openmoko.
Podes negociar coa túa liberdade e os teus cartos para ter algo superficialmente impactante ou podes gastar algo de cartos para perservar a túa liberdade soportando un tipo mellor de negocios. Se queres facer negocios éticos debes premiar aqueles que o son, sen enriquecer empresas que queren controlar a túa liberdade. Elixe aquelas que che respeitan, daquela estarás axudando a construir un futuro mellor.
Tradución libre deste artigo da FSF (Free Sw Foundation).
chúzame -
Leave a Reply