Wikinomics, a nova economía das multitudes intelixentes

É o título dun libro de Don Tapscott e Anthony D. Williams (Edicións Paidós) que merquei hoxe mesmo e que plasma os resultados dun proxecto de investigación de 9 millóns de dólares* sobre a economía en contornas de 'colaboración masiva' ou 'produción entre iguais'.

O presidente de Google, Eric Schmidt, escribe na contraportada do libro:

"Wikinomics anuncia un cambio de paradigma na colaboración entre grupos humanos. Grazas a Internet, individuos que están máis aló das fronteiras das xerarquías tradicionais poden innovar para producir contidos, bens e servizos. (...)"

Tralas poucas páxinas lidas, a verdade é que me atopo cómodo léndoo pois é como conversar con persoas que compartimos puntos de vista e coas que a aprendizaxe adoita ser mutua. Loxicamente no libro saen casos de éxito como Linux ou Wikipedia pero tamén outros menos coñecidos.

O derradeiro capítulo do libro remata con:

Únase a nós na produción entre iguais da guía definitiva da estratexia do século XXI en Wikinomics.

(*) Norteamérica gusta de poñer cifras monetarias a case que todo. Nas poucas páxinas que levo lidas atopei varios títulos  de proxectos levados a cabe que inclúen sempre o que custaron monetariamente.

asennadas

Chuzame! chúzame -

3 Responses to “Wikinomics, a nova economía das multitudes intelixentes”

  1. Os de El Corte Inglés xa están tardando en traerme ese libro, máis Freakonomics e Adaptarse a la marea de Punset.

  2. Como dixen en riba e segundo comentarios de quen xa o leu, non creo que o libro Wkinomics vaia amosarnos moitas cousas novas e si moitos exemplos xunto, se cadra, a un chisco de visión estratéxica.

    En canto aos outros dous que sinalas, para min veñen fantástico. Tómoos como recomendacións túas ;-)

  3. [...] o lera nun libro e de voltas me atopo con el nos meus pensamentos. O “efecto Tarzán” é aquel polo que non soltamos [...]

Leave a Reply