As redes de hidróxeno poderán ser a Internet da Enerxía
Resulta fascinante a posibilidade cada vez máis real de que o hidróxeno substitúa masivamente aos combustibles fósiles. Non só porque evitaríamos os efectos perversos da combustión do petróleo ou por ser o hidróxeno o elemento químico máis abundante no universo senón porque pode supoñer unha nova Era Revolucionaria xusto en medio da actual revolución provocada por Internet.
Hai uns meses vin un documental sobre as pilas de combustible e a súa hipotética evolución cara unha implantación masiva. A idea era dispor de pequenas centrais de abastecemento de hidróxeno necesario para as devanditas pilas. A consecuencia do proceso xerador de enerxía virtualmente continuo sería posible reabastecer de hidróxeno o teu coche ao tempo que o mesmo coche axuda á xeración de enerxía á quen che fornece de hidróxeno, por exemplo o aparcadorio dun centro de oficinas ou o edificio onde tes o teu piso. Prodúcese así unha rede onde se comparte enerxía a cambio de hidróxeno, algo así como unha Internet da Enerxía.
A raíz dunha nova en Slashdot souben dunha iniciativa asequible ($4000) pola que se pode obter unha estación de reabastecemento de hidróxeno. Deste xeito un dos principais obstáculos para a adopción xeneralizada dos vehículos de pila de combustible, concretamente o reabastecemento de hidróxeno así como a infraestrutura necesaría, podería desaparecer grazas a empresas como ITM Power.
Daquela pódese rachar co atranco do ovo e a galiña. Non se venden coches con motores a hidróxeno porque non hai estacións de reabastecemento e estas non as hai porque non hai clientes para rendibilizalas.
Aproveito esta entrada para solicitar a túa axuda, se é que viches o documental ao que me refiro liñas en riba e poideras ofrecerme ligazóns máis clarificadoras do concepto "rede de enerxía" pois é un tema que me atrae con forza.
Algunhas ligazóns máis:
- Economía do hidróxeno (inglés)
- Vehículo de hidróxeno (inglés)
- Estación de Hidróxeno (inglés)
- Generación distribuida (castelán)
chuzame -
En: AGNIX, Ecoloxía, Internet, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Leave a Reply