Debian anuncia novidades na Lenny e no instalador
Dentro das Novas do Proxecto Debian do 21 de xullo 2008 destacan:
- Actualizacións no proceso da versión "Lenny"
Luk Claes enviou unha actualización concernente á vindeira versión estable Debian 5.0 "Lenny". Unha parte importante parte é que a transición de paquetes desde unstable a testing será conxelada para concentrarse na depuración de erros. Asemade, Ana Guerrero comenta a situación dos paquetes KDE4.
- O instalador de Debian soportará a carga de firmwares externos
Joey Hess comenta que o futuro intalador terá carga de firmwares baixo demanda. Xa que logo algúns controladores (drivers) necesitan cargar certos anacos antes de que o dispositivo poida operar con eses firmwares que non concordan coa Guía de Sw Libre de Debian, algúns dispositivos só poderían estar operativos tras ser Debian instalada satisfactoriamente e o acceso a internet ter sido configurado coa sección 'non-free' activada. Isto fallará se o controlador da rede de seu se necesita para que o firmware opere.
Coa nova funcionalidade é posible baixar os arquivos de firmware nun medio separado, como por exemplo un lapis USB. Así, o instalador de Debian automaticamente cargará os arquivos que precisa. Joey tamén subliña que o equipo Debian-CD está construindo paquetes de arquivos comprimidos que conteñen todo o firmware que Debian leva en 'non-free'.
Outras novidades de Debian nesta entrada.
chúzame -
Leave a Reply