Capacitación de empresas TIC no eido do SwL
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún -promovido pola Consellaría de Innovación e Industria-, vén de concluír a experiencia piloto para a capacitación de empresas TIC no eido do Software Libre cunha valoración moi positiva por parte dos asistentes. O curso foi organizado co fin de establecer unha experiencia previa que permitise coñecer as necesidades reais do tecido empresarial galego en materia de formación en Software Libre ou, o que é o mesmo, coñecer o seu grao de competencias de cara á implantación e ao soporte de servizos en Software Libre.
A iniciativa piloto, enmarcada dentro do denominado “Plano de Capacitación TIC en Software Libre”, concibiuse como un complemento ao “DVD - Ferramentas informáticas para a PEME”, lanzado en novembro de 2007, e coa mesma se xerará documentación pertinente para calquera empresa galega que desexe implantar as tecnoloxías de código aberto no seu negocio.
Este curso foi impartido por C.T.I. TEGNIX, concretamente por min a primeira parte e por Pedro Silva a segunda.
Máis información en Mancomun.org.
chúzame -
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Negocios, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Leave a Reply