Alfresco xa soporta o SharePoint de M$
A partir da versión 3 beta, o software de xestión de documentos Alfresco Labs de código aberto obtén soporte ao protocolo de comunicación privativo de Microsoft SharePoint, software de xestión e colaboración de documentos de M$.
Isto non é por mor da benevolencia de M$, e moito menos froito de acordos de interoperabilidade con M$. A causa desa apertura está nunha recente decisión da Unión Europea que obriga a M$ a liberar o código-fonte dos protocolos utilizados en todo o conxunto de aplicativos de escritorio, o M$ Office, o que inclúe as especificacións de comunicación do Share Point.
Con isto, o Alfresco pasa a ser capaz de emular un servidor SharePoint, coa vantaxe de non depender, exclusivamente, dun servidor M$ SQL para dotar de servizos de bases de datos á aplicación. Agora as BBDD Oracle, DB2 ou MySQL son completamente soportados. Alén disto, tampouco hai máis necesidade de usar Internet Explorer como navegador exclusivo xa que Firefox e Opera, pasan a estar soportados.
chúzame -
oes pouco tarda a competencia en lanzarse a piscina e beber do que outros fixeron… joer para non lle gustar a ninguen os productos do gran-Imperio como se anuncian de que xa son compatibles con eles………..
Juju… e digo eu, como é que no lado do ben non hai quen compita neste campo con MS??? que pasa que non interesa ou non se dá???
Cantos estaran a espera de que algún día se faga público o protocolo de Exchange???
Ben… que corra o mundo do lado do ben que MS xa descubriu o SaaS e penso que vai a saco por el, ainda que eles chamanlle S+S -que son moi Cool’s-