AppChecker da LF, a desexada aplicación para desenvolvemento
A Linux Foundation e maila Academia de Ciencia Rusa están desenvolvendo Linux Application Checker, ou máis brevemente AppChecker, un software moi desexado para quen teña que desenvolver en GNU/Linux por mor do inconvinte que supón facelo para múltiples distros.
AppChecker realiza as seguintes funcións:
- Probar a portabilidade ás diferentes distros indicando como poden comportarse en cada unha
- Dar unha guía de como mellorar esa portabilidade
- Indicar o preto que está a aplicación da certificación LSB (Linux Standard Base)
Amanda McPherson da LF sinala que "Este é un programa beta e non hai ningunha garantía, pero si, se AppChecker di que o teu programa debería traballar con, digamos, Ubuntu 7.10 e 8.04, daquela a túa aplicación debería rular nesas distribucións. Estes resultados son moi detallados. Dirache que a biblioteca ou a interface non está dispoñible nesta distribución. Tamén recomenda algunhas substitucións. Por exemplo, OpenSSL provoca frecuentes problemas e tes que empregar diferentes bibliotecas SSL."
chúzame -
En: AGNIX, Estándares, FLOSS por Roberto Brenlla
Leave a Reply