Mancomun.org prepara araOS, unha personalización de Ubuntu
Na wiki de Mancomun.org poden lerse as motivacións que levaron ao Centro de Referencia de SwL a preparar o desenvolvemento dun metapaquete axeitado para Ubuntu.
Nel sinálase que incluirá:
- OpenOffice.org en galego, versión de Mancomún http://gl.openoffice.org
- Firefox [versión 2 | versión 3]
- Thunderbird
- Pidgin
- Tema gráfico de araOS (artwork): GDM Theme, background, splash screen, boot screen, ... un metapaquete co nome araos-desktop
- Outros paquetes:
- Establecer o paquete Java de Sun como predeterminado (evitar problemas con OOo, Openbravo POS, ...)
- Paquetes de idioma non instalados por defecto: language-pack-gl-base, language-pack-gnome-gl-base, language-support-gl
Alí podes ollar mostras do deseño gráfico que están a preparar. Velaquí unha mostra:
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla


Leave a Reply