Será Aurora o substituto do Firefox?

Podería converterse no sucesor de Firefox. De momento, é un concepto no que traballa o equipo de investigación de Mozilla Lab.

A demostración do navegador Aurora mostra un sistema baseado na colaboración para a recompilación de datos na Web. Estes datos (por exemplo, os partes do tempo) recompílanse como "obxectos" que poden ser arrastrados ao escritorio e manipulados de forma dinámica. O vídeo da demostración de Aurora amosa a dúas persoas traballando en diferentes oficinas que comparan os datos sobre choiva. Na demo, Alan invita a Jill a que se lle una na páxina do tempo, onde cada un deles subliñou o que lle parece máis importante para amosalo ao outro.

O vídeo mostra despois un sistema de favoritos visual en 3D no que as páxinas agrúpanse por celas. As páxinas que se abriron máis tarde aparecen máis próximas á pantalla que as outras.

O mellor do vídeo é que mostra un navegador no que todo parece integrado, coas tarefas do escritorio e unha utilidade de mensaxería instantánea ligado todo á interfaz do navegador.

O proxecto encádrase dentro dos Laboratorios de Mozilla, que como o laboratorio de Google, pretende dar saída a proxectos pouco convencionais. Pero a diferenza do de Google, Mozilla di que o seu laboratorio escoita tamén as ideas dos deseñadores que non pertencen á comunidade de desenvolvemento de código aberto.

Aurora (Part 1) from Adaptive Path on Vimeo.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply