Nível de tinta da impresora con Libinklevel
Grazas á biblioteca libre Libinklevel desenvolvéronse diversas aplicacións coas que podes coñecer de xeito gráfico ou por liña de comandos o nívle de tinta de diversas impresoras soportadas polo proxecto.
As aplicacións dispoñibles son:
- ink (command line)
- kink (KDE) con este patch
- inkblot (Gnome)
- gmso (Gnome)
- Python bindings
- Ink Level Monitor (KDE).
- qink (qt4)
- inq (qt4)
En: AGNIX, FLOSS, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla

Ok, sigo no meu proceso de adaptación a Linux pero cando non esta en .deb ou .bin ainda me costa un pouco.
Estou intentando instalar a app ‘gmso’ e non sei ben en que erro.
O caso é que unha vez descomprimido entro no directorio e dende terminal executo sudo ./confugre (todo vai ben) logo executo un make e aquí é onde me produce o erro (make: *** No se especificó ningún objetivo y no se encontró ningún makefile. Alto.)
Se miro no arquivo INSTALL indica que execute os pasos dados, primeiro ./Configure logo make e por último make install .
Cal é o erro?
Grazas.
Olá,
Probei a facer o mesmo ca ti para «imaxinar» que é o que pasa. Logo de de entrar no directorio obxectivo fixen un
./configure
Semella tirar para diante, si. Logo, ao facer «make», amósame o mesmo erro ca ti.
Vou cara arriba, lendo a saída do «./configure» e leo cousas como:
…
checking how to run the C++ preprocessor… g++ -E
checking for g77… no
checking for f77… no
checking for xlf… no
checking for frt… no
…
onde g77 é o primeiro que che falla na serie contínua de «yes».
Sen ser técnico, ollo, sempre é bo lembralo, tentaría instalar o g77 e probar a combinación «./configure; make;» e así ata facer desaparecer todos ou a maioría dos «non» ou que o «make» rule.
Ok, moitas grazas!
Vou probar, de todas formas, xa podian deixar isto en formato .deb, que logo os que non somos nin técnicos nin ‘frikis’ pasamolas canutas para facer unha simple instalación.
O dito, agradecido.
Pois xa somos dous! Bueno, algo de ‘friki’ si que son… pero de técnico nanai, todo o que sei foi seguindo a táctica de le os manuais, «tírate ao vacío» e adícalle tempo
Sorte e forza!
Non si o de tirarme ao vacio xa o fago, non vexas estou acotio facendo de consultor para a filla e para a muller, a elas o cambio resultalles máis complexo, claro que así eu estou obrigado a aprender.
De todas formas, ter que facer todo isto para unha simple instalación pareceme escesivo. Penso que moitas veces quen desenrola o programa non pensa no usuario final.
Saudos, bye.
[...] on Mon 19-1-2009 MySQL en línea de comandos (Parte III) Saved by kiriko123 on Mon 19-1-2009 N??vel de tinta da impresora con Libinklevel Saved by oviron on Sun 11-1-2009 Comandos de Minix Saved by zacechola on Sat 10-1-2009 Bombas [...]