Amigus Party Verán 2008

Os dias 21, 22 e 23 de agosto no Lar de ENDESA terá lugar unha nova edición da amigus-party, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA,  mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria, e Openor.

Para asistir á amigus-party verán-2008 debes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instala-lo teu ordenador e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti.

Os horarios da amigus-party verán-2008 son os seguintes:

Abrimos o xoves ás 10:00 da maña ata as 02:00 da madrugada do venres.
O venres empezaremos as 10:00 da maña ata o sábado ás 20:00 da tarde.
Se a noite do venres vemos que fai falla pechar, abrirase de novo o sábado ás 10:00 da maña.

O prazo de inscripcion remata o 20 de agosto ás 12.00 horas, a inscrición pódela realizar cubrindo este formulario.

Máis nesta páxina de Amigus.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Leave a Reply