xrandr, traballando con dous monitores

Teño un novo portátil Dell XPS M1330 cunha tarxeta Intel Corporation Mobile GM965/GL960 (comproba a túa coa saída de «lspci -x | grep VGA») e un monitor externo que podía empregar para estender o meu escritorio. Para ilo aconselláronme empregar o programa xrandr que vén co propio servidor gráfico X.org en calquera distro (na Ubuntu Hardy vén co paquete x11-xserver-utils).

Poñendo mans á obra, atopei estas ligazóns (Linux Graphics Drivers from Intel e unha entrada no blog de Zecamarada) onde puiden entender o seu funcionamento. Con elas lidas fiixen unha copia do arquivo «/etc/X11/xorg.conf» e logo engadín unhas liñas á sección «Screen»:

...
Section "Screen"
    Identifier    "Screen0"
    Device        "Intel0"
    Monitor        "monLVDS"
    Defaultdepth    24
    SubSection "Display"
        Depth    24
        Modes        "1280x800"
## Horizontalmente: 2560 = 1280 + 1280
## correspondentes ás resolucións horizontais
## máximas dos monitores que teño
## Verticalmente: 2304 = 1280 + 1024
## resolucións verticais máximas dos monitores
## que teño, se o externo está xirado
        Virtual     2560 2304
    EndSubSection
EndSection
...

Tras isto reiniciei o servidor gráfico (podes facelo con Ctrl-Alt-Retroceso premidas á vez), conectei o monitor externo ao portátil e abrín unha consola. Nela fun facendo probas ata sentirme a gusto coa seguinte combinación:

xrandr --output VGA --mode 1280x1024
xrandr --output LVDS --mode 1280x800 --below VGA

Agora traballo co monitor externo como se estivera enriba do portátil e podo abrir aplicacións movéndoas para onde me pete, o mesmo cos paneis. No meu caso optei por deixar o monitor grande co navegador permanentemente aberto (botón dereito do rato sobre a barra de titulo, opción «Sempre no espazo de traballo visible»).

ACTUALIZACIÓN (20090120):

Atopei un execelente documento wiki e outro de Debian así como unhas cantas aplicacións gráficas: grandr (dispoñible nos repositorios Ubuntu), ARandR (moi sinxelo pero semella eficaz), gnome-randr-applet (un engadido opcional que podes pór nun panel), PyRandR (semella que con desenvolvemento paralizado desde 2006), un mellorable displayconfig-gtk de Ubuntu e mailo URandR (interface python, aínda moi pouco desenvolvida, versión alpha).

Recomendo non facer probas co compiz activado. Creo que probar o grandr deixoume sen teclas maiúsculas (non activaba as shift) que puiden arranxar reiniciando compiz.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp