Caso de éxito: Casas Bahia con servidores GNU/Linux
Casas Bahia é unha cadea de 540 tendas espalladas por 7 estados do Brasil alén do distrito federal, dando emprego a 53.000 persoas e facturando uns 6.000 millóns de dólares. Iso obrígalles a xestionar unhas 3,5 millóns de transaccións comerciais por hora cuns servidores que ademais ofrecen os resultados empresariais obtidos en tempo real.
Para ilo teñen que ter a certeza de que os servidores irán estar sempre 100% operativos. Levan con GNU/Linux cinco anos e o seu xerente de tecnoloxías da información sinala que nunca sufriron paradas, "nem um segundo".
Paga a pena ollares este video publicitario da Novell (ogg, mpeg) en pt-br con subtítulos en inglés ou directamente neste video colgado en YouTube:
chúzame -
Leave a Reply