SwL e a Xestion Pública Intelixente
Manuel Hermo (AGNIX) comentoume este artigo de Fernando Henrique Leme que agora deixo traducido:
Hai poucos anos este tema tería pouco sentido. Nun mundo plenamente físico, de papeis datilografados e procesos acumulados en arquivos reais cheos de po non habería discusión sobre a natureza da xestión da información. Ese mundo en vías de extinción abriu camiño a outro no que hai arquivos dixitais aquí e acolá, no que os Tribunais se encargan de ofrecer o seu material pola internet e no que os mecanismos de xestión ou simple administración cotiá prodúcense e encóntranse todos consolidados sobre unha estrutura informática e computacional.
Neste mundo non había alternativas para o usuario común. Houbo necesidade de recorrer a sistemas operativos "pechados". Dise "pechada" á toda propiedade intelectual cuxo código-fonte é inacessível e cuxa copia, distribución ou simple uso son prohibidos ao que non adquire a licenza para tanto.
Microsoft, empresa de Bill Gates, obtivo cifras que fan envexa ao simple exportador de comoditties minerais (que á súa vez xa confirerem ganancias considerables) por que fixo uso da súa posición de único sistema amplamente difundido tornándose un case monopolio para PC's de uso doméstico e empresarial. A súa gran vantaxe consistía no traxe de que seu gran competidor, o Macintosh da Apple de Steve Jobs se baseaba nun modelo aínda máis "pechado". A empresa de Jobs producía a parte física e a parte lóxica de seus equipamentos, creando produtos tecnicamente competentes, porén economicamente proibitivos ao grande público.
Valéndose da ampla popularidade do chamado computador persoal, sistema que por sinal opera a través de estándares abertos a través do cal moitas empresas poden producir material para construír computadores usando as mesmas configuracións-chave de interoperabilidade, creando competitividade e reducindo os custos ao consumidor final, Microsoft terminou por dominar o mercado e impor ao mesmo, estratexias comerciais que recentemente teñen sido duramente atacadas. Como é o caso do Unión Europea que a condenou por abuso de posición dominante no mercado a pagar unha multa de R$ 1300 millóns. Tal entendemento é o de que, de acordo coa lei antitrust, a Microsoft debería permitir que outros desenvolvedores tivesen acceso a determinadas partes de seu código para que fose posiblel construír software que operase tan ben no Windows canto operan o Microsoft Office e o Windows Medía Player, por exemplo.
Este escenario sempre pareceu monstruoso ao observador atento. Calquera usuario en calquera computador atópase atado a ferros nunha estrutura na cal el só entrará a través dun custo financeiro considerable ou pola piratería. Dada a imposibilidade da segunda hipótese cando se trata da cousa pública, o xestor de boa-fe vese obrigado a gastar parte importante dos seus recursos na adquisición de tales licenzas. Aí entra o Software Libre (SwL).
asennadas
Software Libre é aquel que pode ser obtido, copiado, alterado e distribuido sen custos. Pídese aos desenvolvedores no entanto, que retribúan á comunidade o seu esforzo no desenvolvemento ofrecendo unha vez máis as alteracións feitas de xeito que contribúa á evolucióno do sistema como un todo. Software Libre non é, polo tanto, software simplemente gratuíto. Software Libre é aquel que devolve ao usuario o poder de decisión sobre seu equipamento e formato.
Non se sabe (e probablemente o cálculo sorprenderá a todos) canto desperdiciou o sector público co chamado software privativo (o autor noméano como 'propietario'). Mentres non houbese alternativas tal desperdicio sería escusable. Hoxe non o é.
Sistemas operativos baseados en Linux teñen sido o obxectivo de todo xestor intelixente. Engánase quen pensa que se trate dalgunha novidade. Servidores de internet executan Linux hai moito tempo. Quen usa correo electrónico usa software libre sen saber. Servidores de sistemas bancarios tamén usan Linux e a lista pode ir lonxe. Mais por quê?
A economía é un factor importante. Cada órgano público que economiza diñeiro de informática e inviste en adestramento, capacitación, seguridade e celeridade merece respecto e admiración. Mais neste caso nen todo está directamente referido á moeda.
As diferentes distribucións Linux, dadas algunhas características da súa estrutura lóxica, son recoñecidas por profesionais da área como máis estables e seguras cun uso normal. Súmase a iso o traxe de que computadores que usan Linux son imunes a virus. Só neste aspecto, polo tanto, hai unha segunda economía, computadores que perden menos pasan menos tempo en asistencias técnicas. Computadores sen virus son o soño de quen traballa con arquivos importantes ou sobre os cales opera o segredo de xustiza.
Por último existe a seguridade dos formatos. Todo arquivo gardado, por exemplo, no Microsoft Word, é gardado no formato estándar do programa (a saber, o ".doc"), que é un formato pechado, sobre o cal non existe documentación e que pertence a unha única empresa, cuxos fins poden ou non coincidir cos intereses dunha determinada administración, sector ou Estado, transformándoos todos en reféns de súa lóxica empresarial-mercantilista. Unha simple alteración no formato estándar en que se deben gardar os documentos de determinado órgano público traería inmediatamente de volta á seguridade que se espera dos seus documentos.
Moitos teñen iniciado a súa camiñada nesta dirección. O Banco do Brasil economizou R$ 20 millóns nos terminais da institución co uso de Software Libre. O Metro de São Paulo economizou outros US$ 900 mil coa mesma medida. O Estado do Paraná, alén dunha política clara de adopción de Software Libre, estabelecer como formato preferencial o ODF (Open Document Format, ou formato de documento aberto, a opción ao .doc). Polo mesmo camiño seguen países como o Ecuador e a Holanda que adoptaran o SL como Política de Estado.
Calquera administrador serio da cousa pública ollará esta cuestión e iniciará a súa propia andaina en dirección a unha xestión intelixente no que se refire a calidade, custos e seguridade de súa tecnoloxía da información.
chúzame -
En: AGNIX, Brasil, Estándares, FLOSS, Hasefroch por Roberto Brenlla
Leave a Reply