xrandr, traballando con dous monitores

Teño un novo portátil Dell XPS M1330 cunha tarxeta Intel Corporation Mobile GM965/GL960 (comproba a túa coa saída de «lspci -x | grep VGA») e un monitor externo que podía empregar para estender o meu escritorio. Para ilo aconselláronme empregar o programa xrandr que vén co propio servidor gráfico X.org en calquera distro (na Ubuntu Hardy vén co paquete x11-xserver-utils).

Poñendo mans á obra, atopei estas ligazóns (Linux Graphics Drivers from Intel e unha entrada no blog de Zecamarada) onde puiden entender o seu funcionamento. Con elas lidas fiixen unha copia do arquivo «/etc/X11/xorg.conf» e logo engadín unhas liñas á sección «Screen»:

...
Section "Screen"
    Identifier    "Screen0"
    Device        "Intel0"
    Monitor        "monLVDS"
    Defaultdepth    24
    SubSection "Display"
        Depth    24
        Modes        "1280x800"
## Horizontalmente: 2560 = 1280 + 1280
## correspondentes ás resolucións horizontais
## máximas dos monitores que teño
## Verticalmente: 2304 = 1280 + 1024
## resolucións verticais máximas dos monitores
## que teño, se o externo está xirado
        Virtual     2560 2304
    EndSubSection
EndSection
...

Tras isto reiniciei o servidor gráfico (podes facelo con Ctrl-Alt-Retroceso premidas á vez), conectei o monitor externo ao portátil e abrín unha consola. Nela fun facendo probas ata sentirme a gusto coa seguinte combinación:

xrandr --output VGA --mode 1280x1024
xrandr --output LVDS --mode 1280x800 --below VGA

Agora traballo co monitor externo como se estivera enriba do portátil e podo abrir aplicacións movéndoas para onde me pete, o mesmo cos paneis. No meu caso optei por deixar o monitor grande co navegador permanentemente aberto (botón dereito do rato sobre a barra de titulo, opción «Sempre no espazo de traballo visible»).

ACTUALIZACIÓN (20090120):

Atopei un execelente documento wiki e outro de Debian así como unhas cantas aplicacións gráficas: grandr (dispoñible nos repositorios Ubuntu), ARandR (moi sinxelo pero semella eficaz), gnome-randr-applet (un engadido opcional que podes pór nun panel), PyRandR (semella que con desenvolvemento paralizado desde 2006), un mellorable displayconfig-gtk de Ubuntu e mailo URandR (interface python, aínda moi pouco desenvolvida, versión alpha).

Recomendo non facer probas co compiz activado. Creo que probar o grandr deixoume sen teclas maiúsculas (non activaba as shift) que puiden arranxar reiniciando compiz.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Open Everything, proposta para un mundo aberto

O dia 22 de agosto será a segunda parte de cinco dun evento que está promovendo o intercambio de todo o que é “open” no mundo. Open Everything é un evento para debatir que é o conceito “open” e que accións se están a promover con esa bandeira.

A filosofía do evento está nas prioridades do que sería a idea dalgunha cousa aberta. Hai debates sobre novos modelos de negocios, eventos, artes, ciencias, filantropía, tecnoloxías e todo o que se pode considerar dentro da verba open. Os pioneiros da idea do Open Everything son Mark Surman, director xerente de telecentre.org, Jason Mogus, xefe executivo de Communicopia, David Eaves e Michael Lewkowitz, dono da Igniter Incorporated, englobando outros idealistas, organizadores e instituicións cuxo foco son as accións de cuño open.

O axenda de eventos do Open  Everything está organizada da seguinte forma:

Tes máis neste artigo orixinal promovido por esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nível de tinta da impresora con Libinklevel

Grazas á biblioteca libre Libinklevel desenvolvéronse diversas aplicacións coas que podes coñecer de xeito gráfico ou por liña de comandos o nívle de tinta de diversas impresoras soportadas polo proxecto.

As aplicacións dispoñibles son:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

II Máster de Software Libre Caixanova

A segunda edición do «Máster de Software Libre Caixanova» terá unha duración dun curso académico e impartirase os venres e sábados en Vigo no Centro Social Caixanova. O programa realizouse en colaboración coa Universidade Rey Juan Carlos e a empresa de software libre Igalia.

Caixanova porá en marcha un novo Máster na cidade da Coruña, esta vez relacionado co software libre, unha iniciativa pioneira na nosa comunidade. Devandito Máster estará organizado coa achega académica da Universidade Rei Juan Carlos e a visión empresarial de Igalia.

Cunha orientación práctica e profesional, este Máster está enfocado a recentemente titulados ou profesionais que queiran complementar a súa formación co obxectivo de dirixir, analizar e participar en proxectos de Software Libre de ámbito internacional. O profesional que curse o máster estará capacitado para traballar en grandes empresas do sector TIC e liderar proxectos de liberación, desenvolvemento e publicación de software libre.

Tes máis información en www.mastersoftwarelibre.com e de xeito máis informal no blog de Javi Vázquez.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mancomun.org prepara araOS, unha personalización de Ubuntu

Na wiki de Mancomun.org poden lerse as motivacións que levaron ao Centro de Referencia de SwL a preparar o desenvolvemento dun metapaquete axeitado para Ubuntu.

Nel sinálase que incluirá:

  • OpenOffice.org en galego, versión de Mancomún http://gl.openoffice.org
  • Firefox [versión 2 | versión 3]
  • Thunderbird
  • Pidgin
  • Tema gráfico de araOS (artwork): GDM Theme, background, splash screen, boot screen, … un metapaquete co nome araos-desktop
  • Outros paquetes:
    • Establecer o paquete Java de Sun como predeterminado (evitar problemas con OOo, Openbravo POS, …)
    • Paquetes de idioma non instalados por defecto: language-pack-gl-base, language-pack-gnome-gl-base, language-support-gl

Alí podes ollar mostras do deseño gráfico que están a preparar. Velaquí unha mostra:

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Será Aurora o substituto do Firefox?

Podería converterse no sucesor de Firefox. De momento, é un concepto no que traballa o equipo de investigación de Mozilla Lab.

A demostración do navegador Aurora mostra un sistema baseado na colaboración para a recompilación de datos na Web. Estes datos (por exemplo, os partes do tempo) recompílanse como «obxectos» que poden ser arrastrados ao escritorio e manipulados de forma dinámica. O vídeo da demostración de Aurora amosa a dúas persoas traballando en diferentes oficinas que comparan os datos sobre choiva. Na demo, Alan invita a Jill a que se lle una na páxina do tempo, onde cada un deles subliñou o que lle parece máis importante para amosalo ao outro.

O vídeo mostra despois un sistema de favoritos visual en 3D no que as páxinas agrúpanse por celas. As páxinas que se abriron máis tarde aparecen máis próximas á pantalla que as outras.

O mellor do vídeo é que mostra un navegador no que todo parece integrado, coas tarefas do escritorio e unha utilidade de mensaxería instantánea ligado todo á interfaz do navegador.

O proxecto encádrase dentro dos Laboratorios de Mozilla, que como o laboratorio de Google, pretende dar saída a proxectos pouco convencionais. Pero a diferenza do de Google, Mozilla di que o seu laboratorio escoita tamén as ideas dos deseñadores que non pertencen á comunidade de desenvolvemento de código aberto.

Aurora (Part 1) from Adaptive Path on Vimeo.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AppChecker da LF, a desexada aplicación para desenvolvemento

A Linux Foundation e maila Academia de Ciencia Rusa están desenvolvendo Linux Application Checker, ou máis brevemente AppChecker, un software moi desexado para quen teña que desenvolver en GNU/Linux por mor do inconvinte que supón facelo para múltiples distros.

AppChecker realiza as seguintes funcións:

  • Probar a portabilidade ás diferentes distros indicando como poden comportarse en cada unha
  • Dar unha guía de como mellorar esa portabilidade
  • Indicar o preto que está a aplicación da certificación LSB (Linux Standard Base)

Amanda McPherson da LF sinala que «Este é un programa beta e non hai ningunha garantía, pero si, se AppChecker di que o teu programa debería traballar con, digamos, Ubuntu 7.10 e 8.04, daquela a túa aplicación debería rular nesas distribucións. Estes resultados son moi detallados. Dirache que a biblioteca ou a interface non está dispoñible nesta distribución. Tamén recomenda algunhas substitucións. Por exemplo, OpenSSL provoca frecuentes problemas e tes que empregar diferentes bibliotecas SSL

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mozilla e Firefox 3 portándose ás Qt

As equipas Mozilla e Nokia están a traballar nas versións do Firefox 3 e da Plataforma Mozilla portándoas ás Qt.

Xa hai unhas primeiras versións dispoñibles. Tes un desenvolvemento experimental do Firefox Qt así como as fontes destes traballos.

A idea é fundir este porte na central de Mozilla para que se torne oficial.

Fonte.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ferramentas libres evaden censura nas Olimpiadas

A GIFC (Global Internet Freedom Consortium) ofrece un conxunto de ferramentas libres que poden ser empregadas para evadir a censura chinesa a Internet.

GIFC cre que aproximadamente un millón de persoas en China xa empregan esas ferramentas para accederen a Internet. E, segundo sinala Tao Wang, director de operacións da GIFC, ‘é un momento idóneo para lembrar aos reporteiros de Occidente que existen tales ferramentas‘».

É o xeito de quebrar a muralla da censura chinesa, neste caso o seu firewall.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Alfresco xa soporta o SharePoint de M$

A partir da versión 3 beta, o software de xestión de documentos Alfresco Labs de código aberto obtén soporte ao protocolo de comunicación privativo de Microsoft SharePoint, software de xestión e colaboración de documentos de M$.

Isto non é por mor da benevolencia de M$, e moito menos froito de acordos de interoperabilidade con M$. A causa desa apertura está nunha recente decisión da Unión Europea que obriga a M$ a liberar o código-fonte dos protocolos utilizados en todo o conxunto de aplicativos de escritorio, o M$ Office, o que inclúe as especificacións de comunicación do Share Point.

Con isto, o Alfresco pasa a ser capaz de emular un servidor SharePoint, coa vantaxe de non depender, exclusivamente, dun servidor M$ SQL para dotar de servizos de bases de datos á aplicación. Agora as BBDD Oracle, DB2 ou MySQL son completamente soportados. Alén disto, tampouco hai máis necesidade de usar Internet Explorer como navegador exclusivo xa que Firefox e Opera, pasan a estar soportados.

A fonte apunta cara aqui.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Code pon á licenza Mozilla na lista negra

Hai dous anos, cando foi lanzado Google Code, a MPL (Mozilla Public Licence) era unha das licenzas soportadas no proxecto, a carón das licenzas Apache, BSD e GPL (Free Software Foundation) e LGPL. Agora as cousas comezan a mudar…

Ao parecer, Google sigue a prohibición da MPL feita recentemente pola FSF Affero GPL. Esa decisión pode non ter sido moi ponderada xa que logo pode provocar que unha serie de proxectos abandonen Google Code e trocalo por hosts rivais. Tal como acontece co Affero, as razón da decisión do Google non están totalmente claras.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

lareta.net, ‘microbloggling en galego’

Para todos os fans do microblogging popularizado por Twitter agora tedes un en galego: lareta.net. Como é de seu, está en fase beta mais xa somos varios a microbloguear por aló, anímaste?

Outros fontes xa deron conta del (Chuza! e Código Cero).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp