Grava o teu escritorio con imaxes animadas
Byzanz é unha aplicación de liña de comando coa posibilidade de ser minimamente gráfica se a engades como applet nun panel de GNOME. Con ela podes gravar o teu escritorio completo, partes seleccionadas del ou tan só unha fiestra. O resultado é gradado nun arquivo en formato .GIF animado.
Unha das vantaxes del frente aos xa coñecidos Istanbul, xvidcap ou record-my-desktop é que ese formato, aínda sen ser libre, é visible por calquera navegador. Isto, unido ao pouco peso dos resultados obtidos, faino idóneo para fins didácticos.
Un exemplo de uso de liña de comandos pode ser:
byzanz-record -c -x 0 -y 0 -w 600 -h 600 -l ficheiro.gif
Opcións da aplicación: -d, --duration=SECS Duración por defecto 10 seg --delay=SECS Retraso ata dar comezo (1 seg) -l, --loop Let the animation loop -c, --cursor Record mouse cursor -x, --x=PIXEL X coordinate of rectangle -y, --y=PIXEL Y coordinate of rectangle -w, --width=PIXEL Width of recording rectangle -h, --height=PIXEL Height of recording rectangle -v, --verbose Be verbose --display=PANTALLA Pantalla de X que se vai usa
Como sinalei enriba, podes obviar a liña de comandos se decides engadir un applet nun panel (botón dereito enriba no panel, atopalo e aceptar).
Instálase doadamente en Ubuntu e creo que en calquera outra distro:
sudo aptitude install byzanz
Algo que deberán resolver é a gravación tendo activados os efectos de escritorio (compiz-fussion) xa que logo con eles non grava como é debido.
Souben desta aplicaicón grazas a esta fonte.
chúzame -

Leave a Reply