gbrainy 1.0, adestrador mental
Jordi Mas vén de publicar a versión 1.0 do gbrainy, un adestrador mental como algúns tan anunciados na televisión. Cando se soubo deste programa estaba dispoñible en galego, coido que agora tamén.
A fonte sinala que Gbrainy inclúe xogos de lóxica, que desafían a túa habilidade mental, de memoria, para adestrar a memoria a curto prazo e cálculo, para probar a vosa velocidade de cálculo. Atópase dispoñible para varias distribucións, incluíndo Opensuse, Fedora, Ubuntu e Debian.

Adestramento mental: Gbrainy…
Pois iso, unha alternativa de balde para ter a cabeciña esperta e funcionando, … Adestrade!…