Título universitario en Hacking Ético
Leo nesta entrada que a escocesa University of Albertay Dundee está ofrecendo un título universitario en Hacking Ético. Preténdese segundo a propia Universidade de Albertay:
- Garantir habilidades fundamentais que permitirán ocupar posicións nunha variedade de empresas onde a seguranza das redes é o punto máis importante
- Os graduandos estarán atualizados cos novos desenvolvementos en seguranza de redes
- Seguir unha cultura empresarial baseada en proxectos
Unha descrción do curso feita pola propia universidade:
Como invaden computadores os hackers? Poden invadir computadores? É fácil entrar nunha rede corporativa e roubar os seus segredos? Durante este curso coñecerá as últimas ferramentas e técnicas para entrar en sistemas. Mostraremos como invadir servidores web, roubar información e como controlar remotamente o computador doutra persoa.
Entón este curso irá ensinar técnicas hacker? Existe unha expresión: "É necesario un ladrón para coller un ladrón".
O obxectivo básico deste curso é dar ao alumno o coñecemento de como poden ser feitos ataques ilegais a computadores e como poden ser impedidos. Da mesma forma que detectives de policía precisan saber como os bandidos rouban, administradores de sistemas computacionais precisan saber o que os hackers poden facer. Eles tamén precisan saber como examinar a seguranza de seu sistema e como rastrear calquera brecha de seguranza cando elas ocorren. Só así actividades ilegais poden ser realmente impedidas.
Terramel, o autor da fonte, sinala a respecto das múltiples contorversias que esta graduación implica: "A primeira parte é o nome: Hackers Éticos? Mais todos os hackers son éticos. Quen fan as cagadas son os crackers".
Varias veces saiu tamén este tema neste blog. Para quen non o teña moi claro aínda, recomendo ler:
- Diversos significados da verba "hacker" (non tan amplo en galego e castelán)
- O significado da verba "cracker" (non tan amplo en galego)
- O glosario da xerga hacker "The Jargon File"
- Cárcere por Hacking/Cracking
- Rede Social de Hackers
En: AGNIX, Curiosidades, Seguridade por Roberto Brenlla

Verdadeiramente interesante!!!
Ollarei se se pode facer a distancia… sen dúbida unha oportunidade de futuro.
[...] sei dunha iniciativa semellante á do título universitario en Hacking Ético grazas a esta fonte. É o CEH (Certified Ethical Hacker) ou Certificado de Hacker [...]