25 anos de GNU (video conmemorativo)
Hoxe, 27 de setembro, o proxecto GNU cumpre 25 anos dende que fora anunciado oficialmente por Richard M. Stallman nos grupos de noticias net.unix-wizards e net.usoft.
A FSF (Free Sw Foundation), que celebrará o seu 25º aniversario o 4 de outubro de 2010, ofrece un video onde o actor británico Stephen Fry comenta e explica a historia do proxecto GNU.
Podes descargar o video conmemorativo nesta ligazón do que xa hai traducidos os subtítulos en varios idiomas.
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS por Roberto Brenlla

[...] asennadas: 25 anos de GNU (video conmemorativo) http://brenlla.blogaliza.org/2008/09/27/25-anos-de-gnu-video-conmemorativo/ [...]