É Ubuntu a porta de entrada ao SwL?

Pode que sexa o obxectivo principal do proxecto Ubuntu. A lo menos esfórzanse cumprindo prazos, con novas versións e melloras visibles a datas prefixadas. Na actualidade é a máis empregada en escritorios e, a cada novo lanzamento, máis adeptos suma.

O título está tomado desta nova (recomendo ler os múltiples cometarios que está a xerar, especialmente este), apuntando cara esta fonte e aberto a enriquecedores comentarios.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Eman ta zabal zazu Software librea-08

Chamoume sempre a atención que un dos países máis avanzados do estado apenas tiveran políticas decididas a prol do SwL. Este tampouco é o caso, non é unha política decidida do goberno basco, pero a lo menos é un comezo no eido universitario.

Ben certo é que a sociedade basca xa ten iniciativas firmes con asociacións tanto civís como empresariais. De feito ESLE é unha das primeiras a nível estatal e aquí enos ben coñecida grazas ao seu presidente Daniel Armendáriz.

Sexa como fora, noraboa a estas primeira xornada universitaria basca sobre Software Libre.

asenandas

Chuzame! chúzame -

V Aniversario de AGNIX

Tal dia como hoxe entregamos na oficina da Coruña a Acta Fundacional de AGNIX con data de 29 de outubro de 2003.

Unhas liñas non abondan para relembrar as moitas loitas e frontes onde participamos e as grandes melloras que a nosa sociedade acadou no eido do SwL dende aquela grazas ao esforzo de moita xente, de diversos recunchos e condicións, moitas veces de xeito anónimo.

Daí que, con espírito festeiro, imos celebrar un hacking-cocido en casa Amancio (Vilamaior 9 - Lavacolla - Santiago, mapa aquí), sede doutras xuntanzas de AGNIX, o vindeiro 8 de novembro. Quen queira vir, por favor, que mande un correo-e ao presi Manuel para reservar con antelación: mhermo @ gmail.com.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Gala dos Oxcars

Este ano, na Sala Apolo-Barna, 28 de outubro ás 20,30 h terá lugar a gala dos Oxcars, artellado polo colectivo de activistas pola cultura libre ExGAE.

Durante sete horas haberá actuacións, premios,... na que creación en código aberto e a cultura compartida serán as principais protagonistas. Xogando coa posta en escea dos grandes eventos do mercado do arte e a cultura, este acto plantéxase coma unha deconstrucción deste xeito de creación excluinte, pobre ou nulo nos contidos e absolutamente elitista, onde unha minoría produce e a maioría consume de xeito pasivo. É un xeito tamén de dar a coñecer, e polo tanto promocionar a todas aquelas persoas e colectivos que están a desenvolver a sua creatividade de xeito aberto e cooperativo, na procura de que cada vez máis persoas e espazos abandonen o consumo privativo de produción cultural e aposten pola cultura livre.

Máis en Olho Livre.

Chuzame! chúzame -

Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan:

O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre.

A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, a partir das 10.00 horas, e tratará de demostrar a viabilidade do software libre e animar ás PEMES para que en situacións concretas ou xerais utilíceno de igual xeito que agora usan outros software. Participan como relatores Roberto Brenlla, socio fundador de AGNIX e promotor de "GNU/Linux para O Pobo", e Manuel Velardo, responsable de proxectos e servizos de Cenatic, quen explicarán as vantaxes competitivas do software libre en canto a aforro de custos e adaptabilidade.

A segunda xornada, que se encadra no ciclo "Encuentra TIC" do Foro da Sociedade da Información, dará comezo ás 17.00 horas, e, destinada ao sector específico das TIC, exporá como moitas empresas están aproveitando a liberdade de comerciar para facer negocios co software libre, tanto vendéndoo como dando servizos de formación e consultoría. Participan na mesma Roberto Moreda, director de Allenta Consulting, Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.

Podes incribirte na mesma web premendo na imaxe "deseo incribirme".

Neste caso, irei en representación múltiple: AGNIX, TEGNIX e AGASOL. Confírmanme que Claudio F. Filho intervirá en representación de TEGNIX aportando a súa ampla experiencia, especialmente no eido de migracións-evolucións e estándares abertos.

Quero agradecer a Miguel Díaz Cacho o gran esforzo na organización desta xornada.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Resumo da OSWC-08 Málaga

É moi complexo resumir uns dias tan intensos como os vividos nunhas poucas liñas. Alédome de que se abrira un fío na lista de GUGLs comentando o acontecido. Pola miña banda deixo unha serie de imaxes comentadas (só as 'publicables', claro) xunto ao pouco aquí escrito. Co tempo irei completando o absorbido.

Para min o evento deste ano confirmou que o SwL está asentándose solidamente. Había máis expositores, administracións, persoas... Tamén certa endogamia pois estábamos moitas das mesmas caras, con algunhas salvedades. Por exemplo, en Málaga 2006 había dous representantes oficiais do Brasil, igual o ano pasado en Badaxoz e desta vez eran tropa, alomenos uns sete ou máis. Galeg@s? O incremento foi aínda máis esaxerado pois abonda ollar a foto incompleta da nosa comunidade.

Tiven a sorte de compartir momentos intensos, até emocionantes con Claudio F. Filho, cos brasileiros, con Tim O'Reilly... e moita, moita máis información aínda por procesar.

Persoalmente tou ledo pola miña participación como ponente cunha especie de resumo de iniciativas en SwL co fío da lusofonía.

E agora? Para cando é a seguinte?

asennadas

Chuzame! chúzame -

Na OSWC’08 Málaga

Síntoo, estou na Conferencia Internacional de Sw Libre en Málaga.

Cando regrese poderei contar o acontecido e seguir coa rotina de novas e artigos.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Só o 4,13% da web é estándar

A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas.

Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño e demais persoas implicadas.

Algúns dos datos deste estudo sinalan:

  • Só o 4,3% valida de acordo coa W3C
  • O mecanismo XMLHttpRequest típico de Ajax é usado no 3,2%, sendo máis popular en Noruega.
  • CSS úsase nun 80% das páxinas.
  • Javascript nun 75%
  • Adobe Flash está nun 35% dos sitios web, sendo máis popular en China.
  • ...

Souben deste estudo grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Estudan deixar Skype como Código Aberto

A xente de eBay, actual propietaria do sistema de chamadas por Internet, nomeadamente Skype, está pensando que probablemente sería unha boa idea o transformar o Skype a Open Source.

Hai pouco, eBay anunciaba que tivo que reducir un 10% o seu persoal así como outros problemas, como a comprobación de que os usuarios deste sistema en China están sendo espiados constantemente.

De ser facerse realidade, a licenza de código aberto que tería Skype podería facer trocar de parecer á FSF (Free Software Foundation) que vén de xerar unha lista de proxectos que precisan ser creados como libres.

A fonte apunta en última instancia á nova orixinal en Linux Journal.

asennadas

Chuzame! chúzame -

AGASOL na Cámara de Comercio de Coruña (fotos)

Deixo a ligazón a un novo álbum que fixen para incluir as fotos destes eventos de AGASOL.  Tamén vai esta ligazón que comenta o evento. Aquí deixo unha mostra:

De AGASOL

asennadas

Chuzame! chúzame -

TEGNIX, caso de éxito de AGASOL

AGASOLJuan Cudeiro, responsable de comunicación de AGASOL, entrevistounos a Ana Lorenzo (Cidadanía) e a min (TEGNIX) para incluir entre os casos de éxito que se presentarán e repartirán aos asistentes na rolda de intervencións da asociación empresarial.

Deixo unha copia literal dese texto:

A empresa cooperativa Cidadanía realiza con éxito a súa migración a software libre

TEGNIX, unha das empresas que integran a Asociación Galega de Software Libre lidera un cambio sen traumas que supuxo para o cliente non só un aforro económico senón tamén un aumento da súa produtividade

(outubro 2008) "Dábanos moita preguiza cambiar, pero pronto vimos a compensación e o proveito que lle podiamos sacar e non tivemos dúbidas", recorda Ana Lorenzo cando bota a vista atrás e relata o proceso de migración dos sistemas informáticos a software libre que afrontaron en Cidadanía, unha empresa cooperativa que integra a profesionais do ámbito das ciencias sociais. O que en principio semellaba unha molestia para os vinte traballadores que conforman ese colectivo derivou nun aumento da produtividade sen apenas incidencia no día a día.

Houbo moita implicación no proceso. Por parte de Cidadanía e de TEGNIX, unha das compañías que conforman a Asociación Galega de Empresas de Software Libre, e que asumiu o desafío de pilotar a migración. "Estaban interesados en cambiar porque sufrían problemas de virus e inestabilidade con bastante asiduidade", explica Roberto Brenlla, fundador e responsable de TEGNIX. Pero tamén había un compoñente ideolóxico. "Un colectivo que propugna uns valores de cooperativismo e postula unha sociedade horizontal non ten sentido que abone o pago de licenzas. O software libre abandeira unha filosofía similar á nosa", apunta Ana Lorenzo.

Con todo, en Cidadanía sentían o software libre como algo próximo, pero descoñecían moitas cousas del. Seducíalles aforrar o custo das licenzas, pero non estabn seguros de renunciar ao sistema operativo e aos programas que usaban a cotío ía repercutir na calidade do seu traballo. "Como sempre ocorre con todo os cambios atopámonos con persoas máis convencidas ca outras", lembran tanto desde a cooperativa como desde TEGNIX. "Quizais a clave do éxito dun proceso así é que debes de vincular a migración coa formación. A maior parte dos usuarios traballan con sistemas e programas privativos, con escasa ou nula formación para empregalos. Nós montamos un novo sistema operativo e de paso ensinámoslles a sacarlle o máximo partido", matiza Brenlla.

asennadas

Chuzame! chúzame -

O meu fillo chámase -Linux-

Leo en Linux.com que un lector sueco escribiu á redacción dicindo que el e a súa parella han chamar ao seu fillo "Linux".

Nielsen e Veronica pensaron un monte de nomes durante o embarazo "pero finalmente ocorréusenos un. Nolos dous pensamos que o neno semellaba un Linux pequerrecho e daquela decidimos chamalo así".

O artigo sinala as cuestións que adoitan xurdir nestes casos:

Insistirá Richard Stallman en que o crío teña que chamarse "GNU/Linux"?

asennadas

Chuzame! chúzame -

Comeza a xira de AGASOL

Comeza na Cámara de Comercio da Coruña* a serie de intervencións que AGASOL fará polos distintos centros empresariais galegos froito do convenio asinado o 8 de outubro de 2008 coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

AGASOLEstas xornadas están tituladas "Sw Libre contra a Crise".

(*) Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º), 14 outubro ás 19,30 horas. Inscrición gratuíta no teléfono 981 21 60 72.

asennadas

Chuzame! chúzame -

LinuxLeak, un Popurls para SwL

Vén de aparecer un novo portal tecnolóxico de agregación de novas nomeado LinuxLeak, moi semellante ao popurls só que adicado adicado a Linux e SwL.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Wikipedia deixa RedHat por Ubuntu

A infraestrutura TIC da Wikipedia non deixa de medrar desde o seu nacemento en 2001. Despois de cinco anos con servidores executando unha variedade de versións de Red Hat Enterprise Linux e Fedora, decátanse da complexidade de mantemento destes servidores e mailas aplicacións. Axiña non acontecerá isto.

En poucos meses a Wikipedia rematará o máis importante da migración desde esas diversas versións cara Ubuntu en todos os 400 servidores que soportan o sitio web.

Podes ampliar a información na fonte.

asennadas

Chuzame! chúzame -