Conexión a Internet con móbil e USB
Tiven que facelo onte por primeira vez, conectarme a Internet desde o meu portátil empregando o meu teléfono móbil e un cabo USB. Todo grazas a goretoxo que o explica nesta entrada, á vez sianlando estoutra fonte.
A secuencia é a seguinte:
1.- Instala o paquete wvdial e edita como ‘root’ o arquivo /etc/wvdial.conf con estas liñas, adecuadas para as operadoras Vodafone, Simyo, Yoigo:
[Dialer vodafone] Init1 = ATZ Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0 Init5 = AT+CGDCONT=1,"IP","ac.vodafone.es"; Modem Type = USB Modem Baud = 460800 New PPPD = yes Modem = /dev/ttyACM0 SDN = 0 Phone = *99# Password = vodafone Username = vodafone [Dialer simyo] Init1 = ATZ Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0 Init3 = AT+CGDCONT=1,"IP","gprs-service.com" Modem Type = USB Modem Baud = 460800 New PPPD = yes Modem = /dev/ttyACM0 ISDN = 0 #Phone = *99**1*1# ##Phone = *99***1# Phone = *99# Password = '' Username = '' Stupid Mode = 1 Ask Password = 0 Dial Command = ATDT Compuserve = 0 Force Address = Idle Seconds = 3000 DialMessage1 = DialMessage2 = Auto DNS = 1 [Dialer yoigo] Init1 = ATZ Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0 Init3 = AT+CGDCONT=1,"IP","internet" Modem Type = Bluetooth Modem Baud = 460800 New PPPD = yes Modem = /dev/ttyACM0 ISDN = 0 Phone = *99***1# Username = "internet" Password = "internet" Stupid Mode = 1 Ask Password = 0 Dial Command = ATDT Compuserve = 0 Force Address = Idle Seconds = 3000 DialMessage1 = DialMessage2 = Auto DNS = 1
2.- Conecta o móbil ao portátil empregando o cabo USB. Nese intre elixín a opción «PC Suite» que me amosa o Nokia E65. Executo nun terminal:
sudo wvdialconf
3.- Conecto á operadora que teña tal como así:
sudo wvdial vodafone
4.- Desconecto premendo á vez as teclas Ctrl e C (Ctrl-C).
Un dos posibles axustes a facer pode vir do dispositivo que sexa recoñecido polo teu equipo. No meu e no dos artigos fonte desta entrada é /dev/ttyACM0.
En canto ás tarifas… hai que negocialas e logo elixir conexión «Dual» (UMTS/GSM) no móbil.
Por certo, podes seguir recibindo chamadas ao móbil

Joer ben fácil e sinxelo!!! vamos isto faino calquera…
Si, ben fácil para unha multinacional ou operadora de telefonía-internet-… Copiar o seu script correspondente e poñerle unha interface gráfica que diga «conecte» e «desconecte». Só iso! Pois nada meu, nin iso fan. Temos que vir uns super-hackers-que-te-cagas-de-la-muerte a facer o que elas non saben-queren facer