Migración ou Evolución?
É habitual atoparnos coa verba «migración» para definir o proceso de trocar o Sw Privativo polo Libre.
A RAG sinala como migración o seguinte: «1. Movemento das poboacións que deixan un lugar para asentarse noutro. As migracións celtas desde Europa central ó Occidente. 2. Viaxe, polo xeral entre períodos de tempo regulares, que realizan certos animais para cambiar de lugar. Cando chega o frío, teñen lugar as migracións das andoriñas para países máis cálidos. u CF. emigración.»
Persoalmente a min non me convence toda vez que, ademais de non cadrar ben o seu significado co que queremos experesar, adoita incluir unha connotación negativa. As migracións, e os cambios en xeral, dan medo.
Pola contra, evolución adoita levar parella unha connotación máis positiva alén dun significado máis acorde co que queremos sinalar. A RAG define evolución como: «Transformación lenta e progresiva [de algo ou de alguén]. Non hai evolución no estado do enfermo. A evolución das especies animais.» Non se está a dar a entender necesariamente que se transforme cara algo mellor ou peor pero, si, en xeral enténdese como positivo.
A idea deuma un amigo (pouco propenso a que saia o seu nome en público) tras asistir a unha intervención nas pasadas xornadas de SwL de Badaxoz. Nelas, un italiano responsable de «migracións» recomendaba o uso do termo «evolución» xa que logo dotaba de positividade ao proceso.
Persoalmente decidín usalo desde entón, ata o punto de trocar o título dunha das miñas presentacións, hoxe nomeada como»Directrices Evolutivas (antes migratorias)«. Con ilo pretendo dar un significado máis acorde co sinalado na RAG, outorgarlle máis positividade e englobar outros procesos non sempre tidos en conta: consultoría previa, formación, asistencia, mantemento… E, si, polo medio haberá migración de servidores, escritorios, aplicacións, formatos, etc.
Evolucionemos!

[...] acontecer que no caso de evolucións ou migracións a SwL as persoas teman atoparse con algo tan distinto ao seu habitat actual que a súa experiencia [...]