Publicado o programa da OSWC - Málaga
Tal e como prometeran, vén de publicarse o programa (aínda provisional) da Conferencia Internacional de SwL de Málaga deste ano 2008, tambén coñecida como OSWC'08 (Open Source World Conference).
A organización ten que xestionar máis de 250 ponencias-intervencións xunto a toda unha complexa infraestrura. Polo visto en anteriores ocasións, vaia por diante a noraboa e gratitude polo enorme esforzo.
Neste ano, imos ir uns cantos desde Galicia. Uns irán pola súa conta e outros nunha furgo alugada por Mancomun.org. O que si queda claro é que a cada ano que pasa a nosa presenza é maior.
Desta vez, igual có ano pasado, animeime a presentar unha proposta que resultou ser aceptada. Falarei da oportunidade que nos ofrece a nosa língua, para uns portugués, para outros galego e para outros outras cousas, moitas das veces xeradoras de controversias e desputas. Daí que pretenda fuxir de todas esas liñas belicistas amosando con exemplos as oportunidades que nos brinda a nosa irmandade lusófona. Contarei as miñas e nosas experiencias coas comunidades brasileira, portuguesa e até angolana coas que abrimos contactos de afinidade para engadilas de xeito natural ás existentes con outras comunidades (hispana, catalá, basca...).
Unha cousa preocúpame, a data e hora na que terei que participar. Será o derradeiro dia á última hora, case que pechando o evento. Prefiría como o ano pasado, ser o segundo a abrir palestra no evento toda vez que quedas xa liberado e... garantes unha frescura de ánimo, namentres que o penúltimo dia do evento adoita ser o dia de "facer comunidade" cunha longa saída nocturna. Algo que a todas luces semella non ser o idóneo para unha intervención... e polo que haberá que se sacrificar.
chúzame -
En: AGNIX, Amizade, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, Relatorios por Roberto Brenlla
Leave a Reply