Convenio Industria – AGASOL para divulgación de SwL

O pasado mércores 8 de outubro de 2008 a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) asinaron un convenio de colaboración para a realización de actuacións que contribúan ao desenvolvemento e á difusión das tecnoloxías de código aberto entre o tecido empresarial galego. A iniciativa disporá dunha partida orzamentaria de 20.000 euros achegados a través da Fundación.
No marco deste convenio inscríbese todo un programa de actuacións de difusión no ámbito empresarial, como o ciclo de relatorios Software libre e a crise cuxo inicio está previsto para o vindeiro 14 de outubro na cidade da Coruña e que continuará o seu periplo por cámaras de comercio e confederacións empresariais das principais cidades galegas.
A inscrición gratuita pode facerse na Cámara de Comercio. r/ Alameda, 30-1º. A Coruña. Tel: 981 216 072.
Máis en Mancomun.org.
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Galicia-Galiza, Negocios, Persoal por Roberto Brenlla

[...] a serie de intervencións que AGASOL fará polos distintos centros empresariais galegos froito do convenio asinado o 8 de outubro de 2008 coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e [...]