Só o 4,13% da web é estándar
A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas.
Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño e demais persoas implicadas.
Algúns dos datos deste estudo sinalan:
- Só o 4,3% valida de acordo coa W3C
- O mecanismo XMLHttpRequest típico de Ajax é usado no 3,2%, sendo máis popular en Noruega.
- CSS úsase nun 80% das páxinas.
- Javascript nun 75%
- Adobe Flash está nun 35% dos sitios web, sendo máis popular en China.
- …
Souben deste estudo grazas a esta fonte.
