Comeza a xira de AGASOL

Comeza na Cámara de Comercio da Coruña* a serie de intervencións que AGASOL fará polos distintos centros empresariais galegos froito do convenio asinado o 8 de outubro de 2008 coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

AGASOLEstas xornadas están tituladas «Sw Libre contra a Crise«.

(*) Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º), 14 outubro ás 19,30 horas. Inscrición gratuíta no teléfono 981 21 60 72.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

LinuxLeak, un Popurls para SwL

Vén de aparecer un novo portal tecnolóxico de agregación de novas nomeado LinuxLeak, moi semellante ao popurls só que adicado adicado a Linux e SwL.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Wikipedia deixa RedHat por Ubuntu

A infraestrutura TIC da Wikipedia non deixa de medrar desde o seu nacemento en 2001. Despois de cinco anos con servidores executando unha variedade de versións de Red Hat Enterprise Linux e Fedora, decátanse da complexidade de mantemento destes servidores e mailas aplicacións. Axiña non acontecerá isto.

En poucos meses a Wikipedia rematará o máis importante da migración desde esas diversas versións cara Ubuntu en todos os 400 servidores que soportan o sitio web.

Podes ampliar a información na fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

No Linux-Kongress: OS X é unha prisión de luxo

James Bottomley, director da Linux Foundation e un dos desenvolvedores do subsistema de soporte para SCSI no kernel Linux, abriu o Linux-Kongress 2008 que está a celebrarse en Hamburgo cun relatorio que analizaba as diferenzas e semellanzas entre os sistemas operativos de código aberto existentes. Bottomley describe Linux como «a variante máis activa entre todos eles«.

Ademais disto o británico engadiu que Linux foi o derivado de Unix esperado por institucións de ensino superior e desenvolvedores privados fóra dos EE.UU. pois permitíulles evitar as longas batallas legais dos anos 1980 e inicio dos 1990. Unha serie desa batallas envolveu partes disputando cando e como poderían usar os derivados do BSD como código aberto.

Bottomley foi directamente na contra dos BSD ao citar a afirmación feita polo director de enxeñaría Jordan Hubbard de que o FreeBSD é o escritorio favorito de código aberto. Naturalmente, Hubbard, co-fundador de FreeBSD no 1993 e empregado de Apple desde o 2001, quixo dicir o Mac OS X.

En vez de desafialo nesa cuestión, Bottomley preferiu comparar o OS X a unha prisión de luxo. Engadiu que Apple pode participar do Código Aberto, mais que ofrece pouco como retribución (á comunidade) e non divulga varios de seus compoñentes.

Bottomley terminou o seu relatorio enfatizando as vantaxes das empresas que participan no desenvolvemento de Linux porque, entre outras razóns, poden ter a certeza de que o código que contribúen será visto e mellorado baixo un maior número de ángulos distintos. Iso incentiva contribucións valiosas na orde de millóns de liñas de código cuxa natureza talvez non exista en proxectos como o Open Solaris.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Congreso norteamericano aconsella SwL á Defensa

Un proxecto de lei do Congreso de EE.UU. para o ano fiscal 2009 para a defensa aconsella «considerar o uso de software aberto pola redución de custos e a seguridade do mesmo» para vehículos aéreos tripulados e non tripulados.

O Comité para os Servizos Armados di estar preocupado polo aumento dos custos e a diminución da seguridade asociados co desenvolvemento de software para os sistemas de tecnoloxía da información, sinalando ademais nun informe que «o aumento dos custos vinculados á crecente complexidade do software, que tamén deu lugar a un maior número de vulnerabilidades do sistema poderían ser explotadas por usuarios malintencionados e posibles adversarios«.

É por iso que o Comité «alenta ao Departamento a establecer unha estratexia baseada en software de código aberto para a adquisición de naves non tripuladas e os seus sistemas«.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Linus Torvalds tamén é blogueiro

Poucos días atrás, Linus Torvalds inaugurou o seu propio blog no Blogger.com (porque non coñecía Blogaliza :-)   n.d.r.)

Para confirmar que o blog realmente lle pertencía, Linus dixo nun artigo da NetworkWorld: «Si, si, son eu. Un ‘Linus falso’ probablemente procuraría ser divertido«.

Aqueles que esperan textos alucinantes sobre o desenvolvemento do kernel poden ficar decepcionados. O título do blog é «Linus’ Blog: Eventually this might even contain some Torvalds family pictures» (Blog do Linus: Un día el talvez até conteña algunhas fotos da familia Torvalds). Ata agora, o blog contén posts bastante persoais. Linus fala sobre súa vida nos EE.UU. e as eleccións presidenciais.

El preferiría falar sobre outros tópicos que non teñan lugar nas listas de correo-e do kernel ou do git. Como el di «é probable que sexa sobre algo relacionado coa tecnoloxía e Linux, xa que é iso que eu fago«. Algunhas cousas interesantes xa comezaran a xurdir alí como, por exemplo, o seu interese polos discos de estado sólido da Intel. Linus non teme os trolls porque escribe unha vez por semana e non resposta aos comentarios.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Convenio Industria – AGASOL para divulgación de SwL

AGASOL
O pasado mércores 8 de outubro de 2008 a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) asinaron un convenio de colaboración para a realización de actuacións que contribúan ao desenvolvemento e á difusión das tecnoloxías de código aberto entre o tecido empresarial galego. A iniciativa disporá dunha partida orzamentaria de 20.000 euros achegados a través da Fundación.

No marco deste convenio inscríbese todo un programa de actuacións de difusión no ámbito empresarial, como o ciclo de relatorios Software libre e a crise cuxo inicio está previsto para o vindeiro 14 de outubro na cidade da Coruña e que continuará o seu periplo por cámaras de comercio e confederacións empresariais das principais cidades galegas.

A inscrición gratuita pode facerse na Cámara de Comercio. r/ Alameda, 30-1º. A Coruña. Tel: 981­ 216 072.

Máis en Mancomun.org.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Aplausos por videoconferencia

Pois si, iso pasoume o outro dia (3 de outubro de 2008) no 3º Encontro do BrOffice. A historia foi tal como segue. Cheguei ás 14,30 hs coa comida na gorxa xunto con Carlos de GALPon, tamén CEO de TEGNIX, ao evento patrocinado por Mancomun.org.

Xa nos na entrada enterámonos por Irene de Mancomun.org que hanos tocar intervir cara o remate do evento, é dicir, ás 21,30 hs coas horas engadidas por mor do fuso horario e sen engadir aínda os probables atrasos. Comparado co ano pasado… iso era un troco totalmente inesperado toda vez que o ano anterior rematáramos axiña, á hora ou hora e media de comezar o evento.

BrOffice'08

Entón comecei pensar… e no IRC que xestionaba o evento houbo esta conversa («mancomun» era eu):

(16:18:55) mancomun: Gente, a intervençao galega acontecerá ás 16,30 hs Brasilía. Isso sao as 21,30 hs (sem atrasos), tarde demais! Tem como adiantar a nossa breve intervençao, obrigado.

(non respostaban e daquela insisto)

(16:26:50) mancomun: Claudio, Gente, a intervençao galega acontecerá ás 16,30 hs Brasilía. Isso sao as 21,30 hs (sem atrasos), tarde demais! Tem como adiantar a nossa breve intervençao, obrigado.
(16:27:27) filhocf: Roberto, aqui é o Rogério… vou passar para o Cláudio…
(16:27:39) mancomun: ok, obrigado

(agardo)

(16:28:27) filhocf: estados, como está a recepção aí?
(16:28:57) Vanessa-ES: Perfeita!
(16:29:06) filhocf: o cláudio disse que vamos colocar vc 15:50 horário de brasília..
(16:29:41) filhocf: Roberto, Cláudio disse que podemos colocar vc 15:50 horário de brasília

(16:33:07) mancomun: Rogério, segue sendo muito tarde. Ideal sería até 15 hs no máximo. Mas… se nao pode ser, nao se preocupar, durmimos na rúa :-)
(16:34:15) filhocf: ok, vou tentar resolver com o cláudio…

(agardo)

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL, Software Libre contra a crise

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º) e nela intervirei como relator. Segundo di a nova «Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e fundador de TEGNIX, unha das 24 empresas que se integran en Agasol«.

A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade. Ademais se exemplificará con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na Administración.

Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72, recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal.

AGASOLEsta será a primeira cita dunha variada serie de intervencións por distintos puntos da nosa xeografía entre os que xa hai previstos eventos en Vigo e Ourense. En AGASOL seguimos a ofrecer este evento a calquera organismo empresarial que o desexe ata o remate do primeiro semestre de 2009.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto

Grazas a un correo-e de Keko (OuSLi) entérome dun número da revista NovATIca adicado exclusivamente ao campo lexislativo no ámbito das TIC co título «Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto«.

Este número ten todos os seus artigos descargables:

  • O amplo mundo das Licenzas de Software Libre
  • A protección xurídica dos programas de computador no Dereito Español
  • Fundamentos ideolóxicos e efectos reais do modelo vixente de propiedade intelectual
  • O marco legal das licenzas de programas de ordenador: ten límites a vontade do licenciador?
  • Reflexións xurídicas sobre as licenzas ‘libres’ de programas de computador no ámbito da Administración Pública
  • Software Libre en Estremadura, historia dunhas boas razóns
  • Creative Commons: licenzas de contido aberto para regular traballos creativos
  • As publicacións científicas: o papel dos Estados na era das TIC
  • e varios máis.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xeitos de aproveitar un vello PC con GNU/Linux

Con moita frecuencia podes atopar artigos na rede sinalando diversos xeitos de aproveitares un vello PC grazas a GNU/Linux.

Desta vez é un artigo que reflicte toda unha variedade de usos, con ligazóns ás solucións recomendadas e a uns cantos howtos xunto á fonte orixinal (inglés).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Música copyleft con certificación AENOR

Susana de Lorenzo vén de recomendar esta nova referida a MúsicaLibre.es que está publicada dixitalmente en El País.

Que pasa se alguén colle unha canción doutro e a difunde como propia? É un risco ao que se enfrontan por igual os autores que usan copyrights restritivos e os libres, aínda que o perigo é maior nos últimos. Para evitalo, o sitio Musicalibre blindadou cun certificado de AENOR as licenzas copyleft que ofrece aos músicos. Son os primeiros que fan algo así no mundo.

Musicalibre é un repositorio de cancións copyleft que naceu en 2004, da man dos madrileños Alejandro Corletti e Alejandro Jareño, de 48 e 32 anos, ambos informáticos expertos en seguridade. «Coñecémonos traballando nun proxecto en Telefónica Móbiles e resultou que aos dous gustábannos Linux e a música, ademais de ser bastante rebeldes contra as estruturas de poder. Ocorréusenos levar a filosofía de Linux á música«, explica Corletti.

A principal función de Musicalibre é axudar ao contacto dos autores copyleft co público. «A única condición é que, ao subir un tema, acepten que se difunda gratuitamente para uso non comercial«, afirma Corletti. Ademais, poden rexistrar as súas cancións baixo unha Licenza de Música Libre (LML). Son licenzas como as GPL ou as Creative Commons, adaptadas ao mundo da industria musical.

Podes ler máis sobre as licenzas LML na súa sección de preguntas frecuentes. Chama a atención como se fai o rexistro:

O rexistro da licenza faise de forma automática: o autor escribe os seus datos, os da canción e un dato confidencial, como o número do DNI ou algo vinculado a el. Este dato sométese a unha operación criptográfica reversible que o converte nunha ristra de números e letras chamada hash. Segundo Corletti, «calquera perito informático poderá avalar nun xuízo que só quen coñeza o segredo que está detrás do hash é quen colocou o tema«.

O proceso segue facéndose aínda máis seguro posto que o hash envíase ao Laboratorio Criptográfico da Universidade Politécnica de Madrí, quen imprime un selado de tempo, garantindo o día e hora en que se licenciou a canción. Este selado embébese nun arquivo final que contén todos os datos xerados e faise outro hash do conxunto. Finalmente, e previa autorización do autor, publícase na web, asociado á canción.
Un aval seguro.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp