Jon ‘maddog’ Hall, director executivo da asociación sen fins de lucro Linux International, escribe un interesante artigo na Linux Magazine onde reflicte o acontecido a carón doutras empresas pechadas durante o Open Mobile Summit de San Francisco. Eis a tradución:
Na pasada semana estiven nunha conferencia en San Francisco chamada «Open Mobile Summit». Para ser unha primeira edición, os organizadores fixeron un excelente traballo de organización, reunindo persoas de varias áreas da industria da telefonía móbil (fabricantes de móbiles, operadoras, provedores de servizo e provedores de Internet) para falar sobre «Mobilidade aberta«.
Había até representantes da Research In Motion (RIM, fabricante do Blackberry) e mencionouse moito o iPhone da Apple. A pesar de ningún dos dous ser considerado moi «aberto», ambos foron abordados nas discusións a respecto de seguridade, confiabilidade, fragmentación e de como gañar cartos.
Moitos relatores comezaron falando do número de aparellos móbiles existentes hoxe en día e do potencial de «moitos outros milleiros de millóns» do próximo futuro.
Porén, durante a conferencia comecei a decatarme de varias cousas:
- a maioría dos relatores estaba discutindo cuestións envolvendo o «primeiro mundo«;
- a maioría das conversas afastábanse da «apertura« e ía en dirección a outros aspectos;
- cando as persoas falaban de «apertura«, o foco era «é excelente que o seu produto sexa aberto mais por que debería abrir o meu?«.
Un dos poucos exemplos de persoas conversando sobre nacións en desenvolvemento foi a Nokia, que falou sobre algúns dos seus servizos dirixidos á persoas.
O motivo de eu pensar iso irônico foi que se o número de dispositivos móbiles a seren comercializados alcanzase o valor prometido, a maioría desa expansión tería que vir de «países en desenvolvemento», e aínda así unha pequena parte da conferencia prestou atención a iso ou a como o Software Libre podería axudalos.
Iso lembroume dun evento das Nacións Unidas sobre a «Exclusión Dixital«, para o cal fun convidado hai varios anos. Os membros do programa, todos representantes da alta tecnoloxía, falaran unicamente sobre canto precisaban mellorar as leis de propiedade intelectual nos países en desenvolvemento para poderen vender os seus produtos. Ningunha discusión real sobre a «exclusión dixital» ou como solucionala.
Despois dun día e medio diso, chegou a hora do meu relatorio sobre «innovación». Comecei describindo o que eu consideraba «apertura», usando o Openmoko FreeRunner como exemplo. Dixen ás persoas que un «open phone» é simplemete aquel que ten as interfaces de programación de todos os seus módulos de hardware (GSM, GPS, USB, Bluetooth, 802.11, vídeo etc.) documentadas. FreeRunner vai un ou dous pasos máis aló, documentando até os datos CAD do corpo do produto e o diagrama de circuítos da placa-nai, mais para a maioría da xente esas son frivolidades. Simplemente saber como programar o hardware xa sería suficiente.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »