Efectos na contra do SwL

Xa o lera nun libro e de voltas me atopo con el nos meus pensamentos. O "efecto Tarzán" é aquel polo que non soltamos unha liana ata estarmos ben suxeitos á seguinte polo perigo que significa unha caía libre.

Pode acontecer que no caso de evolucións ou migracións a SwL as persoas teman atoparse con algo tan distinto ao seu hábitat actual que a súa experiencia tecnolóxica se poidera resentir ou até estragar. Quen probamos varios mundos e sabores tecnolóxicos ben seguros estamos da nosa escolla mais quen só coñece un segue aferrándose a el. É un comportamento humano totalmente comprensible e, por selo, merece a nosa paciencia.

Significa isto que o "efecto Tarzán" provocará unha lenta resposta das masas a prol do uso intensivo do SwL? Probablemente si porque o mesmo xa pasou na Historia en varias ocasións e a lentitude foi unha característica común a todas esas experiencias nos que o comportamento humano era primordial. Demoramos en pasar do pergamino ao libro a pesares do grande avanzo que supuxo o novo sistema operativo chamado imprenta, entre outras cousas porque estábamos xa 'servidos' e había unha resistencia ao cambio. Do proceso artesanal ao fabril demorouse máis dun século, e deste ao futuro "en rede" posiblemente tamén será así.

Outro a ter en conta é o "efecto rabaño". Seguimos as inercias xeradas sen tan sequera cuestionalas e menos aínda pondo en práctica as nosas propias respostas en caso de que efectivamente cuestionemos e meditemos sobre tales inercias.

Se a ilo unimos poderes tan diversos como os FUDs, as inercias na venda minorista, a moi estendida ignorancia política ou manobras mafiosas, o que nos queda é termos moita, moitísima paciencia pois de Sw Privativo a Libre non se pasará da noite á mañá, antes ben o contrario. Presumiblemente, non será antes de termos xeracións completas nadas en liberdade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Responses to “Efectos na contra do SwL”

  1. Comportamentos que dificultan crecemento do Software Libre…

    Roberto Brenlla cóntanos diversos comportamentos humanos que en ocasións dificultan o cambio dos usuarios cara mellores opcións, coma pode ser no caso do SwL….

  2. Non tanto xD. Mas é certo que o “efeito Tarzán” é moi forte. E por moito que digan, non hai facilidades para pasar para o SwL, realmente é fácil se se comezar de cero nel, mas para a xente que ten o seu mundo montado migrar é unha complicación moi seria. O “efeito rabaño” antes ben será polo asunto dos xogos, porque a nível de aplicativos realmente xa non existen diferenzas (talvez só no AutoCAD).

Leave a Reply