Linux achégase ao 90% nos maiores supercomputadores

Unha das diapositivas case que permanentes que emprego nos relatorios que dou é a da porcentaxe de supercomputadores que levan Linux no seu interior. Estas cifras confirman a tese de xentes coma min ao insistirmos con pesada teima que o modelo do SwL é moito máis eficiente, ético e, obviamente, un monte de cualidades máis.

A cifra dos maiores cincocentos supercomutadores (top500) amósao ben ás claras. Hai tan só dez anos que Linux (así é como vén nomeado o SwL nestas listas) entrou nesta táboa clasificatoria cun primeiro supercomputador que representaba o 0,20% do total. Era xuiño de 1998 e daquela o panorama estaba liderado por Unix.

Agora publícase unha nova táboa con «Linux» dominando de xeito insultante: 439 supercomputadores que equivalen a 87.80%.

No campo de servidores, supercomputadores e demais «cousas serias» o SwL é a elección e é un pracer garantilo cun «remítome aos feitos«.

Traducindo ou opinado?

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “Linux achégase ao 90% nos maiores supercomputadores”

  1. [...] por familia de sistemas operativos (Operating system Family) os resultados amosan que, respecto da anterior lista, «Linux» rabuñou outros catro supercomputadores máis ao resto de sistemas, elevando a súa cifra [...]

Olark Livehelp