Presentado o Open Virtual Desktop

Gaël Duval, fundador de Mandrake e agora liderando Ulteo, vén de anunciar o lanzamento oficial de Open Virtual Desktop, segundo din «100% open source«, cousa da que xa escribira hai un tempo.

O obxectivo é que o Open Virtual Desktop sexa instalado nun servidor dunha rede local para que daquela leve as aplicacións (polo de agora só de SwL e para o vindeiro ano tamén de aplicacións de Window$) a quen as use e estea conectado a esa rede. Polo tanto, deixa de ser precisa ningunha instalación nos equipos clientes posto que cun sinxelo navegador xa se pode traballar.

Tes máis información na web de Ulteo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “Presentado o Open Virtual Desktop”

  1. [...] ano pasado, cando lanzamos o noso OVD para aplicacións Linux, moitas organizacións públicas e privadas de todo o mundo contactaron connosco para preguntarnos [...]

Olark Livehelp