RetroMessenger, mensaxería aberta, segura e SEN servidor central

Queres que unha aplicación de mensaxería instantánea che ofreza os contactos en liña e que sexa libre con licenza GPL. A máis podes querer que sexa segura mantendo conversacións cifradas para que ningunha terceira parte poida enterarse das túas mensaxes.

RetroMessenger é libre e cifra as túas mensaxes con claves PGP sen necesidade de instalacións complementarias.

RetroMessenger engade ao anterior unha mensaxería que non precisa dun servidor ou autoridade central que xestione ou monitorice as liñas abertas ou até envíe publicidade non solicitada.

Asemade podes usalo en telefonía móbil, especilamente aqueles con Window$ ou Linux (openmoko ou maemo). Podes usalo tamén na empresa pois posúe unha doada interfaz de adiministración e non precisa de mantemento dun servidor adicado a isto.

Se desenvolves wxwidgets entón podes crear novos usos porque é a a interface predeterminada e multiplataforma que emprega RetroMessenger. Se desenvolves XUL entón podes crear complementos para o Firefox e Thunderbird. Tamén podes compartir ligazóns, por exemplo de digg.com, e até votalas, tanto ti coma os teus contactos.

RetroMessenger atópase nos seus primeiros pasos de desenvolvemento pero xa é funcional e podes obter binarios en empaquetados e comprimidos en tar.bz2 aquí.

Olla o seguinte video que amosa a aplicacicón aberta desde consola para que vexas as mensaxes que xera:

Probeina uns intres e creo que de acadar masa crítica de uso así como unha evolución que mellore a súa funcionalidade (emoticóns, sons de aviso, trasnferencia de ficheiros e, por que non!, VoIP) podemos estar diante dunha aplicación con moito futuro.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response to “RetroMessenger, mensaxería aberta, segura e SEN servidor central”

  1. Semelha mui interessante, hei-lhe botar um olho. Som o tipo de aplicações das que gosto: pequenas, versáteis e altamente configuráveis (so lhe falta funcionar em linha de comandos :P ).

Olark Livehelp