A partir de 20.000€ tes simuladores profesionais de F1

A empresa norteamericana Motorsports Simulators ofrece a partir duns 20.000€ algo semellante aos simuladores profesionais que posúen as grandes escuderías de F1 (McLaren ou Ferrari) e que polo que elas pagaron máis dun millón de dólares.

Estes simuladores a prezos asequibles contan cun sofisticado software, sistema de amortiguación nos asentos que se moven para dar a sensación das brutais forzas G, pantallas planas que procuran dar 3D e múltilpes detalles máis. Os testimonios de pilotos que xa o probaron falan de ser sorprendentes e de máximo realismo.

Cabe engadir que a empresa cordobesa Entertainment Virtual Systems tamén os vende. Estes custan +67.000€ pero a cambio levas un armazón de monoplaza como banco de simulación.

Agora toca decidir se prefires un cursiño duns 2000€ 21.000€ para dar unhas voltas reais con fórmulas (F-Renault, F-3 e F1) durante uns poucos minutos ou investilos nun destes simuladores que podes ubicar permanentemente na túa casa.

Que prefires? Se cadra sería bo que visitaras a web desa empresa e ollaras os seus videos demostrativos.

Atopado todo isto aquí, á vez apuntando cara este sitio.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses to “A partir de 20.000€ tes simuladores profesionais de F1”

  1. O cursiño que enlazas do RACC custa 2.145 €, non 21.000 €

  2. Correxido queda, obrigado!
    Pero, xa que estamos, aproveito para deixar ligazóns que atopara cando me puxera a ilo «por se acaso» poidera facer algún curso algún dia:

    http://www.agsformule1.com/en/driving-course/hi-tech-formula-1.php (pode que dos mellores)
    http://www.puresport.it/Prezzi-Listino.asp (ao parecer déixante darlle caña sen ter un monoposto diante ‘dirixindo’ o tráfico)
    http://www.racing-school.co.uk/driving/formula1.asp
    ou esta lista http://www.racingschools.com/formula_1_school_list.shtml

    O dito a aforrar (algo menos, si)! :-)

  3. Ola de novo .Polo que teño entendido esta paxina tamen trata sobre linux o cal me lava a pensar que tes coñecemento de informatica.Se algun dia a parte desta paxina decides fusionar a tua afeccion a F1 con os coñecementos en informatica e fabricar un simulador linux de f1 colaborarei encantado com probador.

  4. Tá ben, conta con ilo, só que o primeiro probador sería eu mesmo! :-D

Olark Livehelp