Contando visitas neste blog, do Counterize a StatPress
Como ben conta o amigo Carlos, Blogaliza ofrece a partires de hoxe un novo complemento para contar visitas e realizar análises ao respecto toda vez que o Counterize semellaba tocado e case morto.
Ata este intre (20081126) os datos que fornecía o Conterize do meu blog, nado en abril de 2006, é dicir, tras uns 31 meses, quedaron tal que así:
Total hits: 75700
Hits from unique IPs: 16036
Total hits, today: 50
Hits from unique IPs, today: 34
Hits, the last 7 days: 1449
Unique hits, the last 7 days: 445
Isto dá unhas cifras de 2441,93 visitas totais/mes, 517,29 visitas únicas/mes. Loxicamente son cifras medias dun contador que a todas luces ía mal (desde cando? eis a cuestión), ao que lle hai que engadir que as cifras "medias" amosan o que acontece desde o seu nacemento e agora os resultados serían diferentes. Resta ver o que dá de si o StatPress... que semella bastante completo. O tempo dirá que tal foi este troco.
En: Amizade, Lista de ligazóns (blogroll), Galicia-Galiza, Internet, Persoal por Roberto Brenlla

[...] que fan Calidonia e Brenlla deixo aquí anotado que cambio o plugin interno que contaba as visitas na [...]
[...] já fixerom Ghanito, Brenlla e Calidonia eu também migro para statpress. A ver como vai o [...]