Mobilidade aberta?

Jon ‘maddog’ Hall, director executivo da asociación sen fins de lucro Linux International, escribe un interesante artigo na Linux Magazine onde reflicte o acontecido a carón doutras empresas pechadas durante o Open Mobile Summit de San Francisco. Eis a tradución:

Na pasada semana estiven nunha conferencia en San Francisco chamada «Open Mobile Summit». Para ser unha primeira edición, os organizadores fixeron un excelente traballo de organización, reunindo persoas de varias áreas da industria da telefonía móbil (fabricantes de móbiles, operadoras, provedores de servizo e provedores de Internet) para falar sobre «Mobilidade aberta«.

Había até representantes da Research In Motion (RIM, fabricante do Blackberry) e mencionouse moito o iPhone da Apple. A pesar de ningún dos dous ser considerado moi «aberto», ambos foron abordados nas discusións a respecto de seguridade, confiabilidade, fragmentación e de como gañar cartos.

Moitos relatores comezaron falando do número de aparellos móbiles existentes hoxe en día e do potencial de «moitos outros milleiros de millóns» do próximo futuro.

Porén, durante a conferencia comecei a decatarme de varias cousas:

  • a maioría dos relatores estaba discutindo cuestións envolvendo o «primeiro mundo«;
  • a maioría das conversas afastábanse da «apertura« e ía en dirección a outros aspectos;
  • cando as persoas falaban de «apertura«, o foco era «é excelente que o seu produto sexa aberto mais por que debería abrir o meu?«.

Un dos poucos exemplos de persoas conversando sobre nacións en desenvolvemento foi a Nokia, que falou sobre algúns dos seus servizos dirixidos á persoas.

O motivo de eu pensar iso irônico foi que se o número de dispositivos móbiles a seren comercializados alcanzase o valor prometido, a maioría desa expansión tería que vir de «países en desenvolvemento», e aínda así unha pequena parte da conferencia prestou atención a iso ou a como o Software Libre podería axudalos.

Iso lembroume dun evento das Nacións Unidas sobre a «Exclusión Dixital«, para o cal fun convidado hai varios anos. Os membros do programa, todos representantes da alta tecnoloxía, falaran unicamente sobre canto precisaban mellorar as leis de propiedade intelectual nos países en desenvolvemento para poderen vender os seus produtos. Ningunha discusión real sobre a «exclusión dixital» ou como solucionala.

Despois dun día e medio diso, chegou a hora do meu relatorio sobre «innovación». Comecei describindo o que eu consideraba «apertura», usando o Openmoko FreeRunner como exemplo. Dixen ás persoas que un «open phone» é simplemete aquel que ten as interfaces de programación de todos os seus módulos de hardware (GSM, GPS, USB, Bluetooth, 802.11, vídeo etc.) documentadas. FreeRunner vai un ou dous pasos máis aló, documentando até os datos CAD do corpo do produto e o diagrama de circuítos da placa-nai, mais para a maioría da xente esas son frivolidades. Simplemente saber como programar o hardware xa sería suficiente.

asennadas


Despois, nese teléfono aberto, debe ser ofrecido ás persoas unha colección de stacks de sistemas operativos (Openmoko, Qtopia, Linux/Debian, Android), de operadoras (permitindo que compren un chip SIM) e tamén de servizos. Si, pódese suxerir (e ofrecer) un paquete con todas esas escollas, mais as persoas tamén deberían poder comprar «á la carte«.

É verdade que un teléfono co poder do FreeRunner non é o que unha persoa dun país en desenvolvemento compraría. Porén, os aparellos «abertos» teñen unha vantaxe canto a súa lonxevidade. Cando o dono do aparello decida facer unha actualización cara un hardware máis recente, poden ocorrer dúas cousas:

  • o dono actual probabelmente podería manter o mesmo stack de software de seu smartphone anterior, aforrando tempo e enerxía na migración dos datos do teléfono antigo para o novo;
  • o dono actual podería vender o teléfono antigo para alguén que o reformaría e o vendería a alguén nun país en desenvolvemento que non puidese mercar un teléfono novo dese modelo.

Ese teléfono reformado tería un sistema operativo atualizado, completo con todos os parches máis recentes… algo difícil cun sistema propietario de código pechado que non recibe atención do fornecedor a partir de tres meses tras ser fabricado. Iso non só axudaría ás persoas nos países en desenvolvemento a teren os aparellos que desexan, senón que tamén reduciría o custo total de propiedade para a persoa que merca o teléfono novo.

Hoxe en día, ao se mercar ancho de banda dunha gran operadora, recíbese a oferta dun teléfono e unha serie de servizos. Se os paquetes da operadora non fosen do seu interese, é moi difícil conseguir a combinación desexada de banda, teléfono, sistema operativo e aplicativos.

Cando saín do encontro daquela noite, imaxinei o que acontecería se os fabricantes de teléfonos simplemente fixesen teléfonos, as operadoras só vendesen banda, os provedores de servizos forneceran só servizos e actuasen como condutores para aplicativos de terceiros, etc. Que acontecería se, en vez de ter un novo teléfono subvencionado pola operadora (pagado pola clientela ao longo do tempo), puideras ter algunha outra forma de financiar o teu teléfono, tal vez en conxunto cun contrato de garantía de software e hardware vinculado ao teléfono, e non á operadora? Sería ese un paso importante na dirección dunha maior «apertura«? Dar máis escollas á persoas?

Algo a discutir no Open Mobility Summit do ano que vén.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comments are closed.

Olark Livehelp