Efectos na contra do SwL

Xa o lera nun libro e de voltas me atopo con el nos meus pensamentos. O «efecto Tarzán» é aquel polo que non soltamos unha liana ata estarmos ben suxeitos á seguinte polo perigo que significa unha caía libre.

Pode acontecer que no caso de evolucións ou migracións a SwL as persoas teman atoparse con algo tan distinto ao seu hábitat actual que a súa experiencia tecnolóxica se poidera resentir ou até estragar. Quen probamos varios mundos e sabores tecnolóxicos ben seguros estamos da nosa escolla mais quen só coñece un segue aferrándose a el. É un comportamento humano totalmente comprensible e, por selo, merece a nosa paciencia.

Significa isto que o «efecto Tarzán» provocará unha lenta resposta das masas a prol do uso intensivo do SwL? Probablemente si porque o mesmo xa pasou na Historia en varias ocasións e a lentitude foi unha característica común a todas esas experiencias nos que o comportamento humano era primordial. Demoramos en pasar do pergamino ao libro a pesares do grande avanzo que supuxo o novo sistema operativo chamado imprenta, entre outras cousas porque estábamos xa ‘servidos’ e había unha resistencia ao cambio. Do proceso artesanal ao fabril demorouse máis dun século, e deste ao futuro «en rede» posiblemente tamén será así.

Outro a ter en conta é o «efecto rabaño«. Seguimos as inercias xeradas sen tan sequera cuestionalas e menos aínda pondo en práctica as nosas propias respostas en caso de que efectivamente cuestionemos e meditemos sobre tales inercias.

Se a ilo unimos poderes tan diversos como os FUDs, as inercias na venda minorista, a moi estendida ignorancia política ou manobras mafiosas, o que nos queda é termos moita, moitísima paciencia pois de Sw Privativo a Libre non se pasará da noite á mañá, antes ben o contrario. Presumiblemente, non será antes de termos xeracións completas nadas en liberdade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pantallazos de Debian

Entérome polas listas de Debian dun novo servizo que veñen de pór en marcha referido aos pantallazos. E claro, o seu nome é screenshots.debian.net.

Trátase dun repositorio público de pantallazos tomados de aplicacións contidas nunha distribución Debian GNU/Linux e co que calquera pode contribuir.

O seu uso é sinxelo:

  • http://screenshots.debian.net/packages
    (Lista de todos os paquetes con pantallazos -screenshots-)
  • http://screenshots.debian.net/package/NOME_DE_PAQUETE
    (Páxina con pantallzos dun determinado paquete)
  • http://screenshots.debian.net/thumbnail/NOME_DE_PAQUETE
    (Amosa unha miniatura -thumbnail- (160×120 pixels ou menor))
  • http://screenshots.debian.net/screenshot/NOME_DE_PAQUETE
    (Devolve o screenshot (800×600 pixels ou menor))

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Linux achégase ao 90% nos maiores supercomputadores

Unha das diapositivas case que permanentes que emprego nos relatorios que dou é a da porcentaxe de supercomputadores que levan Linux no seu interior. Estas cifras confirman a tese de xentes coma min ao insistirmos con pesada teima que o modelo do SwL é moito máis eficiente, ético e, obviamente, un monte de cualidades máis.

A cifra dos maiores cincocentos supercomutadores (top500) amósao ben ás claras. Hai tan só dez anos que Linux (así é como vén nomeado o SwL nestas listas) entrou nesta táboa clasificatoria cun primeiro supercomputador que representaba o 0,20% do total. Era xuiño de 1998 e daquela o panorama estaba liderado por Unix.

Agora publícase unha nova táboa con «Linux» dominando de xeito insultante: 439 supercomputadores que equivalen a 87.80%.

No campo de servidores, supercomputadores e demais «cousas serias» o SwL é a elección e é un pracer garantilo cun «remítome aos feitos«.

Traducindo ou opinado?

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Palabras a seren evitadas segundo o proxecto GNU

Unha das múltilpes iniciativas concretas que desenvolve a FSF no seu proxecto GNU para a defensa do SwL é a de amosarnos determinadas palabras e frases que recomendan evitar, ou polo menos eludir en determinados contextos ou usos. A razón é que son ambiguas ou expresan indirectamente unha opinión coa que esperan que non esteamos totalmente de acordo.

Entre elas están as de aberto, pechado, comercial, PC, piratería… e un monte delas máis que tes nestas ligazóns en inglés, portugués e castelán xunto ás explicacións do por que están incluiídas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL en xornada sobre SwL en Ourense

AGASOL
Hoxe martes, 18 de novembro de 2008, AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) ofrecerá na CEO (de confederación de empresarial de Ourense, Praza das Damas, 1) a sesión informativa “Software Libre contra a Crise – Mellore a súa rendibilidade con Linux e Sw Libre” que, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, forma parte dun itinerario que realiza polas principais capitais galegas para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas.

A sesión dará comezo ás 19,30 horas e nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplíen o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux e os Estándares Abertos. Ademais se inicidirá nas súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade. Para iso exemplificarase con implantacións desenvolvidas en empresas,
institucións ou na Administración.

Irei á cita en representación de AGASOL como xa acontecera na Cámara de Comercio da Coruña e no Club Financieiro de Vigo. É de agradecer a TEGNIX a posibilidade que me dá de adicar o meu tempo a preparar, viaxar e difundir o SwL dado que para min é un auténtico luxo poder facelo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hardware aberto, tipo Lego

A maior parte da variedade de open source hardware céntrase en produtos específicos. Bug Labs toma un enfoque distinto. No canto de desenvolver determinados dispositivos, o obxectivo de Bug Labs é fornecernos dunha colección semelante ao Lego de hardware e software de código aberto que a clientela pode emrpegar para crear os seus propios trebellos.

Segundo o seu xerente, Peter Semmelhack, o resultado non ten por que posuir un elevado grao de innovación pero pode ser percursor do futuro nos negocios de hardware.

O artigo completo (en inglés) inclúe máis detalles e opinións sobre esta interesante perspectiva posto que, entre outras cousas, abarata custes de realización de novos proxectos en equipamentos alén de «Democratizar a Innovación» como sinala Eric von Hippel.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como ter un goberno Web2.0?

Co anuncio de que o presidente electo norteamericano Obama gravará semanalmente un video en YouTube que se enviará a Change.gov, diversas cuestións emerxen tales como a que unha candidatura baseada parcialmente nunha plataforma de apertura de goberno avivada por Internet pode comezar a empregar a tecnoloxía para facer transparente ao goberno.

Alén das populares políticas de Slashdot, tales como a Net Neutrality (neutralidade da rede), como cres que o goberno (dos EE.UU. ou de calquera parte) pode utilizar mellor a tecnoloxía para captar ao público e facer o goberno máis transparente e accesible?

O lector Rick Zeman sinala unha historia do New York Times sobre como Obama terá que deixar algúns dos seus gadgets de comunicación debido á Presidential Records Act. En vez disto, el confía ser o primeiro presidente dos EE.UU. en ter un portátil na mesa do Despacho Oval.

Servirán as novas tecnoloxías para acadarmos gobernos máis transparentes e políticas máis abertas á participación da cidadanía?

Traducindo ou Opinando?

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cun emblemático do SwL como da Geek Squad

Onte fun compartir un tempo de amizade cunha persoa, que para min e para moita máis xente é unha emblemática do SwL no noso país, que ata hai ben pouco comandaba unha das iniciativas públicas que promocionan estas tecnoloxías e agora témolo adicado a outras obrigas algo distintas.

Tiñámolo preparado desde dias atrás. O xoves á noite iríamos xantar e rir. Lamentablemente a cousa trabucouse xa un par de horas antes da combinada. Aconteceu que se lle complicou o final do dia por mor dun compromiso que adquiriu dun amigo que hoxe vai inaugurar un local e precisaba dun vello portátil Toshiba para a animación musical. Aconteceu que, perante tantas présas, non había tempo para explicacións e menos para evanxelizacións precipitadas. Moi ben, si, había que instalar un privativo XP para saír do aperto e nun pispás iríamos xantar.

- «Que, preparado? Xa estou saíndo cara Coruña!», eran as 7 menos algo.

- «Ups! Douche un toque pola túa casa a iso das 9 menos cuarto. Agora tou liado configurando un portátil dun amigo».

Pasadas as 8 e media recibo unha nova chamada súa: «Oes? Que isto vai alongarse. Que facemos? Douche un toque cando remate ou quedamos para mañá? Isto non sei cando pode rematar!» Imaxinando o percal decido pillar a moto (ben tempo levaba sen facelo) e achégome ata a súa casa. «É incríble! Como abren a man os de M$! Antes tiñas que pór o número de rexistro para validar un ‘service pack’ e agora tira para diante sen problemas e todo pirata. Como aprenden estes do software privativo ante a competencia!«, sentenciou ao pouco de chegar.

Ao pouco comezan a sucederse múltiples chamadas. O seu irmán que non se amañaba para procurar o mellor prezo e comprar billetes de avión por internet. De seguido un colega que non era quen de seleccionar unha imaxe e gravala como como ‘.jpg’. Este colega estaba moi estresado, chegou chamar unhas varias veces máis na seguinte hora. Entre medias outro pidiulle «cita» porque o seu gato, xogando co teclado do portátil, tiroulle dunha tecla e o trebello xa non dá arrancado. O estresado seguía a chamar, «Oes? Que non me deixa gardalo como jpg. O sistema dime «sorry««. Pero… «tío, a parte de sorry, que máis di? Sen saber que máis di, que carallo sei o que lle pasa?» preguntoulle. A desesperación era enorme. «E non será mellor reinstalalo todo?«.  Pero «Cres que é mellor matar para volver a nacer? Iso é complicado demais. Tes que me dicir que máis é porque, se cadra, é polo virus que che saquei. Pode ter deixado o sistema inestable…«.

- «Vaia! Como encho a miña moral presenciando isto! Cando vaia palestrar de novo sobre SwL hei enfatizar máis aínda que o problema «evolutivo-migratorio» non é de formación sobre a nova contorna libre senón de formación informática en xeral. A peña non se entera do que está facer!«, sentenciei tras tan apabullante experiencia vital.

Xa levábamos un par de horas e pensando que a cea tería que quedar para outro dia… dixemos: «Que lle den! Imos xantar mentres queda actualizando o sistema por enésima vez«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

eSpeak, sintetizador de voz

Na Ubuntu 8.04 vén instalado por defecto un sintetizador de voz con licenza GPL para a liña de comandos nomeado eSpeak. Aínda non lle atopei ningunha utilidade especial agás a humorística mais teño certeza que a alguén si que lle interesará coñecela.

Soporta unha ampla diversidade de idiomas tendo ao inglés como prinicipal. Como era de agardar o galego non está entre eles, si o pt (Brasil) e mailo pt-pt (Portugal), así como o castelán:

espeak --voices

Probeino cun sinxelo exemplo:

espeak -v es "Ola meu. Saio axiña de viaxe."

Que me deu unha voz demasiado estraña pois o «x» do castelán non concorda coa sonoridade galega. Do mesmo xeito, para que se poida usar o pt hai que substituir «ñ» por «nh».

A aplicación ten unha contorna gráfica nomeado espeakedit que non vén instalado nin nos repositorios pero que pódese obter A Facebook A Twitter

Convert IT, aplicación que converte formatos multimedia

ConvertIT é un sinxelo e leve convertidor de arquivos multimedia escrito en gambas, a quen lle debe a súa potencia na flexibilidade da xestión de comandos.

A aplicación ten licenza GPL e vén dotada por defecto dun gran número de tipos a convertir mais tamén está pensada para ser progamada e engadir novas funcións ou personalizando as existentes.

De entrada tes seccións para convertir arquivos de son (ogg, mp3, ac3, amr, wav), video (flv de YouTube, portable -psp, ipod, pda-, avi, ogg, mpeg, mov, wmv), dvd (pal ou ntsc dvd, svcd, vcd) móbil, fotos (até redimensionándoas), texto (PDF, PS, DVI, HTML) así como extraer audio dun video, video sen audio, engadir audio a video, etc.

Tes máis información en Ubuntuforums.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Por que Linux é mellor?

Sabía do sitio web «Why Linux is better?» e desta vez atópome de volta con el a través desta nova. Trata dunha web que de xeito gráfico enumera moitas das vantaxes que fornece o SwL. Premendo en cada unha destas imaxes obtés máis información sobre algún aspecto concreto. Tamén tes os poucos casos onde deberías quedarte con Sw Privativo (polo de agora, aínda que podes instalar os dous sistemas) así como que facer en caso de animarte a probalo.

Inclúo aquí a ligazón a este sitio web traducido ao galego grazas a Manuel Meixide.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornada sobre a implantación de solucións libres para a PEME

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza – Mancomún – convídalle a participar na xornada de traballo sobre a implantación de solucións libres para a PEME que terá lugar en Santiago de Compostela no
Hotel Porta do Camiño (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n.  -ao pé do Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro-) o día 13 de novembro de 2008 coa seguinte axenda:

16:00 – Presentación do evento a cargo de Helena Veiguela Martínez,
Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información,
Consellaría de Innovación e Industria.

16:45 – Demostración do prototipo da Intranet da PEME.

17:00 – Sesión de traballo co empresariado TIC.

Por motivos de aforo requírese que, de non telo feito anteriormente, envíen un correo electrónico a eventos @ mancomun . org antes das 23:59 do día 11 de Novembro comunicando o seu interese en asistir.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp