Marcel Mitsuto, administrador de sistemas de São Paulo, comentou no Portal de Sw Público Brasileiro sobre este tema:
Se fose posible crear vías sistemáticas baseadas en tecnoloxías libres e código fonte aberto para integrar o sistema de recadación de impostos cun sistema de poxa de servizos, con provedores catastrados que fornezan solucións de e para obras públicas, e un sistema de redes sociais móbil, onde a poboación recibise créditos de redes de telefonía e de compañías de telecomunicación para interactuar con esa rede, e imaxinando que todos eses sistemas fosen integrados de forma aberta, con código fonte dispoñibilizado e con métodos idôneos de verificación de compilación do código fonte, existiría unha democracia , non-ilusoria, non-elitista e con veracidade para gobernar unha sociedade, retirando o ser humano -nunca a salvo da corruptibilidade do poder- da administración pública e erradicando a corrupción e o control do poder pola elite.
Así, visualizo un sistema onde, por formas de recompensa á sociedade que interactúa coa rede democrática gobernamental, sexa totalmente rexido por sistemas de información, totalmente transparentes, totalmente libres de control por parte das elites e totalmente envorcada á sociedade democrática.
Vexo a liberación do poder dos humanos. Vexo unha forma de goberno xestionada automática, orgánica e interactivamente pola sociedade. Vexo unha sociedade sendo xestionada pola propia democracia, nunha frecuencia moito máis concordante coas necesidades dunha sociedade, ou sexa, transformar o «acto democrático» actual de frecuencia bienal nun acto democrático, real, tanxible e xusto.
Vexo a tecnoloxía liberando ao ser humano das garras do propio ser humano. Vexo o futuro consciente da raza humana, salvando a propia raza humana e o planeta, sustentándose en principios universais, e non económicos, rexidos por regras que son postas á proba en cada pasada polo procesamento das necesidades da sociedade, vexo democracia rexida pola tecnoloxía e retro-alimentada pola sociedade en tempo real. Vexo unha realidade verdadeira, sen intereses corporativos, sen xornadas de traballo escravizantes, onde o ser humano terá condicións de simplemente ser humano.
Cres posible a disolución do poder grazas á democratización da sociedade empregando tecnoloxías libres? De ser posible, canto demorará a súa chegada? É só un soño, unha utopía?
asennadas
Marcel Mitsuto Fucatu Sugano <msugano_at_uolinc.com>
En: AGNIX, Brasil, Curiosidades, Pensamento por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »