Entrevista a Marcos Mazoni (Serpro)
Durante a pasada OSWC’08 de Mälaga tiven a sorte de compartir un bo tempo con Marcos Mazoni, presidente da Serpro, Serviço Federal de Processamento de Dados do Brasil.
Agora atopei unha entrevista que lle fixeron e na que relata varios aspectos sobre a migración-evolución cara SwL que Brasil está a facer. Entre os temas tratados figuran a crise financieira mundial e maila adopción do BrOffice, proxecto este liderado polo amigo Claudio F. Filho (entrada na Wikipedia), actualmente traballando conmigo en TEGNIX e de quen o propio Marcos resaltou a sorte que temos de telo entre nós. Ben o sabemos

[...] do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de [...]