Goberno Federal alemán comeza adoptar ODF
O Consello TI (Tecnoloxías da Información) alemán anunciou que o goberno federal comezará a empregar gradualmente o estándar aberto ODF (Open Document Format – Formato de Documento Aberto). Para o 2010 todas as autoridades federais serán quen de recibir, enviar, ler e escribir documentos neste formato electrónico cualificado como estándar aberto ISO/IEC 26300.
«A cidadanía, empresas e outras administracións públicas serán capaces de intercambiar documentos coa administración federal no futuro.«
Hans Bernhard Beus, presidente do consello, sinalou nun comunicado do Ministerio do Interior alemán que o uso de ODF provocará un incremento da competitividade entre os fornecedores TIC así como unha mellor interoperatividade. Este comunicado avala a decisión tomada polo goberno federal en xullo de 2007 referida a estes termos.
Asemade o consello está observando «con interese» o desenvolvemento doutros formatos, con mención especial ao OOXML de M$ dado que foi aprobado a través dun procedimento que está a ser actualmente investigado pola Comisión Europea dadas as múltiples irregualridades presentadas.
En: AGNIX, Estándares por Roberto Brenlla
