SolarNetOne, Ubuntu con enerxía solar
Scott Johnson de GNUveau Networks desenvolveu un sistema hub de Internet baseado en enerxía solar que executa unha Ubuntu GNU/Linux. O sistema chámase SolarNetOne e emprega equipamentos comúns que son modificados por Scott para traballar a 12V e usar unha potencia menor para que a están deseñados. Isto tradúcese nun gran aforro en custes por electricidade.
SolarNetOne probará que é un boom para negocios que dependen de conexións remotas ou tamén para lugares onde o fluxo eléctrico é inadecuado. SolarNetOne tamén pode crear novas oportunidades de negocio en lugares remotos, cibercafés, institutos de formación en informática, etc. Na actualidade xa está a ser empregado en África, concretamente na Universidade do Estado de Katsina en Nixeria, fornecendo conexión inarámica e acceso a internet a centos de persoas.
A fonte apunta cara este artigo.
Todos os traballos de GNUveau Networks están feitos baixo licenza GPL. Podes ampliar información no seu wiki.
Ampliación: Non sei como pero o certo é esquecín completamente o proxecto Belenus, mellor có aquí comentado alén de galego. Imperdonable :-/
En: AGNIX, FLOSS, Tecnoloxía por Roberto Brenlla

mmmmm…. lembro dun tal belenus que andivo por estas terras…