CEP, seguinte xornada de AGASOL

Baixo o título «Vantaxes do Software Libre para as Pemes«, a CEP (Confederación Empresarial de Pontevedra) acollerá a seguinte xornada de difusión de AGASOL para presentar o SwL.

O evento terá lugar o dia 17 de decembro ás 17 hs na sede da CEP (Avda García Barbón nº 104 Andar 1º, Vigo) ten como obxectivos presentar as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para a contorna empresarial (redución de custos, independencia de fornecedores, uso de estándares…), e maila súa viabilidade de implantación nas Pemes. Dar a coñecer casos de éxito da implantacións do SwL en empresas e gobernos.

Na web da CEP pódense obter o díptico do evento e mailo formulario de inscrición.

Unha vez máis heime responsabilizar de dar o relatorio da xornada.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

2 Responses to “CEP, seguinte xornada de AGASOL”

  1. [...] A esta xornada acudirei trala da CEP (Confederación Empresarial de Ourense) que terá lugar o mércores 17 ás 17 hs e da que tes máis información aquí. [...]

  2. [...] de usala. Polo tanto, non souben do aviso ata este mércores, de viaxe dando un relatorio para AGASOL o mércores e o xoves para as Xornadas de [...]

Olark Livehelp