Flocos.TV, o cineclube do audiovisual galego

Atopeime onte cun correo-e convidando a rexistrarme no Flocos.TV, o cineclube do audiovisual galego. Sobre esta iniciativa da Navalla Suiza tes este FAQ que responde a preguntas tales como "Podes colocar un vídeo na túa web?", "Como podes promover a túa curta?" e algunhas máis.

Foi sorprendente comprobar como axiña se apuntaban usuarios namentres medraba as conexións entre eles ata conformar unha nova rede social no panorama galego. Non puiden evitar facer o meu primeiro comentario: "Noraboa a quen facedes realidade esta iniciativa. Da orgullo ver como o noso país ferve en creatividade :-) "

Todo ilo coincidiu co remate do Cultur.gal 08 (podes ver este resume feito por ghanito) e do que a lo menos goretoxo e eu botamos en falta algún acto informativo sobre Creative Commons toda vez que só atopei unha empresa que ofertaba as súas obras baixo estas licenzas, nomeadamente Urco Editora. Había algunha máis apostando por unha cultura 'algo' libre?

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

One Response to “Flocos.TV, o cineclube do audiovisual galego”

  1. [...] do mesmo: ghanito, os neveros, goretoxo e brenlla tamén teñen algo que [...]

Leave a Reply